Campos de traballo: Documentación para entregar

Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da documentación.

campoTraballo34

O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de envio do correo electrónico. A documentación deberá achegarse por correo-e aos enderezos que se indica a continuación segundo a provincia onde está campo de voluntariado asignado:

Campos de CCAA: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia da Coruña:

Campos da provincia de Lugo:

Campos da provincia de Ourense:

Campos da provincia de Pontevedra:

Importante:

exclamacion De incumprir o prazo de 2 días hábiles, perderase o dereito a participar no campo de voluntariado asignado, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.

 

 DOCUMENTACIÓN:

  1. Folla de inscrición debidamente cuberta e asinada.
  2. Xustificante de pagamento da cota.
  3. Fotocopia do documento de indentidade (só no caso de non autorizar a consulta no formulario de inscrición).
  4. Fotocopia do carné xove, do título de familia numerosa ou o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental (no caso de acollerse ao correspondente desconto e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  5. Certificado de discapacidade (para inscricións pola quenda de persoas con discapacidade e non autorizar a consulta no formulario de inscrición)
  6. Ficha informativa de saúde.
  7. Declaración responsable sobre a Covid-19
  8. Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes
  9. Certificado negativo de delitos sexuais, no caso do campo de voluntariado que o esixa.