Novas e actividades (1308)

LOGO_RIXA Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Mediación educativa en conflitos xuvenís

Finalidade: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Número de horas: 25
Número de prazas: 50
Contidos:
O conflito como proceso e oportunidade para o cambio
Educar para a convivencia e prevención de conflitos
Comprender e analizar as situacións de conflito
A mediación educativa como extratexia na abordaxe de conflitos
Proxectos de mediación no ámbito educativo
Modalidade: A distancia.
Data de inscrición: Do 15 ao 30 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: Do 6 de xullo ao 8 de setembro de 2015.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información.
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es

LOGO_RIXA Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís

Obxectivos:
Revisar e analizar as repercusións das relacións sexo-xénero no desenvolvemento integral de mozos e mozas.
Analizar como incorporar a perspectiva de xénero nos obxectivos e actuacións dunha entidade xuvenil.

Finalidade:
Analizar como os factores relacionados coa socialización dos roles de xénero tradicionais inflúen nos hábitos de saúde da mocidade

Destinatarios/as:
Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.

Número de horas: 20
Número de prazas: 50

Contidos:
Relación sexo-xénero
Reproducción dos esteriotipos de xénero nos espazos de relación entre mozos e mozas
Incorporar a perspectiva de xénero nos espazos educativos con mocidade

Modalidade: A distancia.

Data de inscrición: do 8 ao 23 de xuño de 2015.
Data prevista de realización: do 30 de xuño ao 4 de setembro de 2015..

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información.
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico para información xeral: oixuventude.traballo@xunta.es

Xuventude.Novasmaio2015A nova edición de Xuventude.Novas, a revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten como principal contido da súa portada unha entrevista con Alfonso Rivera, o director da compañía Os Farsantes Teatro, gañadora do primeiro premio da última edición do certame Xuventude Crea. Rivera explica que ‘Vincent’, a obra gañadora que percorre a biografía do pintor Van Gogh, segue as pautas do chamado teatro físico, no que prima o proceso de creación e a capacidade de improvisación sobre a existencia dun texto previo ou a necesidade de grandes recursos escénicos. De feito, declárase “orgulloso” de que a produción da obra custase nada máis que 150 euros.

Outra reportaxe destacada neste número é a relacionada coa Iniciativa Xove que efectuaron os integrantes da asociación xuvenil A Eira, de Valga (Pontevedra). Consistiu nun curso para aprender a utilizar o software ‘SolidWorks’, empregado para o deseño e modelado de pezas dun xeito sinxelo. Os coñecementos adquiridos nesta actividade fóronlles útiles aos participantes para incrementar a súa formación e ter máis opcións de empregabilidade. A asociación que promoveu esta Iniciativa Xove é un dos colectivos máis recoñecibles da súa contorna, que logra implicar persoas de todas as idades na súa programación, especialmente o sector da mocidade.

O novo Xuventude.Novas reserva un espazo para o programa de voluntariado ambiental deste verán, que xa comezou no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ata setembro, pasarán por esa paraxe uns 400 participantes, que afrontarán en total unhas 2.000 xornadas de accións voluntarias. As tarefas principais que teñen previstas son as do coidado, recuperación e preservación dos ecosistemas naturais, e as de apoio aos guías de información para visitantes, incluído un grupo específico para a atención a persoas con discapacidade.

Como é habitual, a música ocupa unha boa parte do espazo da revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. En primeiro lugar, este número ofrece unha entrevista con Sofía Espiñeira, gañadora do Certame de Canción de Autor en Galego. Satisfeita co recoñecemento do concurso, no que tamén obtivo o premio do público, Espiñeira asegura que os temas das súas cancións van saíndo das súas experiencias cotiás e explica que nas súas actuacións gústalle transmitirlle ao público a orixe desas letras. En segundo lugar, Xuventude.Novas ofrece unha crónica dos Premios da Música Independente MIN 2015, que como mellor álbum en galego condecoraron o disco ‘A muerte’, do grupo Terbutalina. E por último, non podía faltar na revista a habitual axenda de concertos e actuacións, cada vez máis intensa por causa da chegada do verán.

Xuventude.Novas de maio de 2015

Correspondentes_IES_Francisco_AguiarJulia, Mar, Penélope e Eva son as Correspondentes Xuvenís no IES Francisco Aguiar de Betanzos. Encárganse de difundir a información xuvenil entres os seus compañeiros e compañeiras a través do taboleiro de anuncios e das redes sociais.
Grazas e parabéns pola súa colaboración.

Correspondentes_IES_Lamas_das_QuendasRecibimos unha fotografía dos e das Correspondentes Xuvenís do IES Lamas das Quendas de Chantada.
Gracias e parabéns pola labor desenvolvida ao longo do curso!!!

A Universidade de Santiago de Compostela presentou unha oferta institucional de prazas para contratar persoal en formación de apoio á xestión e promoción de I+D en distintos ámbitos no marco do “Programa para la promoción de empleo juvenil e implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i” convocado pola Secretaria de Estado de Investigación,

O programa de Emprego xuvenil ten por obxecto a contratación e formación de persoal técnico ou de Xestión de I+D, por un período de dous anos, que cumpra os seguintes requisitos:
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, segundo o posto financiado:
Titulacións universitarias: licenciado, enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado, Enxeñeiro técnico ou Arquitecto Técnico.
Titulacións no marco da formación profesional do sistema: Técnico ou Técnico Superior
Estar inscrito no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil.


En consecuencia, e a partires das prazas que finalmente lle sexan concedidas, a USC poderá promover despois do verán a contratación de titulados universitarios ou técnicos superiores enmarcados en cinco liñas de actuación cos seguintes perfís:

Liña de Actuación Dinamizando a transferencia de resultados de I+D+i:
2 titulados universitarios en Economía ou Administración e Dirección de Empresas para analizar o potencial de mercado, propoñer o desenvolvemento de negocio e calcular necesidades financeiras de cara á comercialización de resultados de investigación
1 titulado universitario en Humanidades ou CC. Sociais ou Xurídicas para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
1 titulado universitario en Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
Titulado Superior en Formación Profesional en Administración e Finanzas para dar soporte manexando ferramentas específicas de xestión documental e bases de datos para facilitar a tarefa de inventariar resultados, xestionar expedientes e realizar trámites administrativos asociados ao proceso de transferencia de coñecemento.

Liña de Actuación Formando aos promotores de I+D+i de 2020:
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias da Saúde para realizar funcións de promotor de I+D orientado a ciencias da saúde (Campus Vida).
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias Experimentais ou do Mar para realizar funcións de promotor de I+D orientado á xestión e conservación dos recursos acuáticos (Campus do Mar).
1 titulado universitario no ámbito de Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para realizar funcións de promotor de I+D orientado á bioeconomía (Campus Terra).
1 titulado universitario no ámbito de Humanidades, Ciencias Sociais ou Xurídicas para realizar funcións de promotor de I+D orientado a sociedades inclusivas – xestión do patrimonio cultural (Campus da Cidadanía)
1 titulado universitario con perfil xurídico-financeiro orientado á especialización na xestión xurídico-legal, económica e financeira das actividades de I+D+i.

Liña de Actuación Universidade: Comunicando a I+D+i:
4 titulados universitarios en Comunicación, Xornalismo, Enxeñaría Informática ou afíns, para realizar funcións de difusión e comunicación das actividades e resultados de I+D+i (divulgación e comunicación científica; xestión e administración de redes sociais; desenvolvemento de contidos...).

Liña de Actuación Modelos preclínicos innovadores do Centro de Investigación en Biomedicina Experimental da USC (CEBEGA):
5 titulados universitarios que completarán a súa formación para realizar tarefas no desenvolvemento de modelos preclínicos innovadores para a avaliación biolóxica de distintas terapias en patoloxía humana.

Liña de Actuación “Química Ambiental Mariña”:
1 Técnico Superior en Formación Profesional en Química Ambiental.

Unha vez resolta a convocatoria do Programa polo MINECO a USC disporá dun mes para contratar aos candidatos elixidos. Considerando o curto espazo de tempo, os estudantes/titulados que teñan interese en participar nesta posible contratación deberán remitir datos á dirección cittinfo@usc.es o prazo para remitir a dita ficha estará aberto dende o próximo 1 de xuño ata as 14 horas do día no que se publique por parte do ministerio a resolución de concesión.
O Criterio de selección será a nota media do expediente académico.

Para poder ser contratado a través destas axudas É OBRIGATORIO ESTAR INSCRITO NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (SNGX). A información relativa a este rexistro, aos requisitos e aos trámites a realizar para inscribirse pódense atopar no seguinte link:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

NoNEETs_cartelO proxecto NoNeets é un proxecto que involucra a seis países europeos (Bélxica, España, Francia, Italia, República Checa e Romanía) ao abeiro do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) e financiado pola Comisión Europea.
As finalidade do proxecto é identificar as características, as necesidades e intereses da poboación nini, analizar o fenómeno nini, deseñar e poñer en marcha un programa común baseado na demanda dos/as benficiarios/as finais, involucrar á xuventude adulta en diferentes actividades que permitan a súa motivación e incrementar na poboación en xeral a importancia do proceso da aprendizaxe continuo.
Este programa vai principalmente dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos desempregados, non asistentes a cursos de formación, que non traballan, na procura de educación e formación ou oportunidades laborais.
O obxectivo do proxecto é coñecer as súas necesidades e intereses, así como xerar un punto de partida para ofrecerlle á xuventude as ferramentas eficientes e con éxito que fortalezan as habilidades motivacionais, as actitudes sociais, os coñecementos e competencias apoiando a súa inserción profesional e social.

A acción formativa deste proxecto será desenvolvida no mes de xuño nas comarcas de Sarria e Verín.

Tras dun proceso de selección dos/as candidatos/as, 12 persoas, en cada unha das sés,  poderán optar a esta formación e apoio a través dun curso onde se lles aportarán ferramentas para conquerir o seu traballo así como ferramentas para o emprendemento.
Dentro da acción formativa tamén terán posibilidade de participar en eventos locais relacionados coa súa zona a través de entrevistas de traballo, visitas a empresas, coñecemento de boas prácticas, contacto cos axentes sociais,…
O proxecto ofrece ante todo unha oportunidade de formarse, de ter encontros con mozos e mozas cunha misión de mudar o seu futuro, e moitas ferramentas para conquerilo.
Se queres participar no programa envía os teus datos a: noneets.galicia@gmail.com
www.noneets.eu

FOLLETO INFORMATIVO