Se queres participar no programa de Campos de voluntariado no estranxeiro, o luns, día 13 de marzo, ábrese o prazo para presentar as solicitudes.

Existen máis de 400 opcións de campos ás que poderás apuntarte.

Máis información

O día 25 de xuño abre o prazo para inscribirse nun dos 29 campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 348 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da covid-19.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 108 encóntranse nos 9 campos de voluntariado que se celebrarán na provincia de Pontevedra; 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña; e tanto en Lugo como en Ourense celebraranse seis campos, isto é, 72 prazas en cada provincia.

Nova oferta

Destes 29 campos de voluntariado, 12 deles son novos este ano. A provincia de Lugo contará con catro novas iniciativas: dúas baixo o nome Os Campos do camiño, un no municipio de Palas de Rei e outro en Triacastela; Castro de Vilalonga, en Castro de Rei; e Alejandrina Álvarez en Ribas de Sil. A de Coruña terá tres novos: A Ciadella, no concello de Sobrado dos Monxes; Encaixe no camiño, en Camariñas; e o campo de voluntariado Amicos, en Boiro.

En Pontevedra os novos campos celebraranse en Lalín, baixo o nome de Tradición en verde; en Salvaterra de Miño, titulado Monte Castelo; e en Campo Lameiro, con a Idade de Bronce. Pola súa banda, Ourense poderá contar este ano con O noso rural, a nosa istoria, en Ribadavia; e Pereiro, en O Pereiro de Aguiar.

Como solicitar praza

O prazo desta convocatoria ábrese o 25 de xuño ás 16,00 h e pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

Queres participar no campo de traballo "Esencia Galega" que organiza a D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado no mes de agosto? .... Se tes 18 anos e carné xove, participa no sorteo do día 8 de agosto.

Sorteamos 10 prazas. Neste campo terás a oportunidade de convivir con outros participantes galegos e con mozas e mozos da Galicia exterior.

Para participar tes que ser titular do Carné xove, maior de 18 anos e cubrir o segunte formulario, antes das 9:00h do día 7 de agosto.

Máis información sobre campos de traballo en Galicia: http://xuventude.xunta.es/oferta-campos-de-traballo-en-galicia.html.