Contratacións na USC

01 Xun 2015

A Universidade de Santiago de Compostela presentou unha oferta institucional de prazas para contratar persoal en formación de apoio á xestión e promoción de I+D en distintos ámbitos no marco do “Programa para la promoción de empleo juvenil e implantación de la Garantía Juvenil en I+D+i” convocado pola Secretaria de Estado de Investigación,

O programa de Emprego xuvenil ten por obxecto a contratación e formación de persoal técnico ou de Xestión de I+D, por un período de dous anos, que cumpra os seguintes requisitos:
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, segundo o posto financiado:
Titulacións universitarias: licenciado, enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado, Enxeñeiro técnico ou Arquitecto Técnico.
Titulacións no marco da formación profesional do sistema: Técnico ou Técnico Superior
Estar inscrito no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil.


En consecuencia, e a partires das prazas que finalmente lle sexan concedidas, a USC poderá promover despois do verán a contratación de titulados universitarios ou técnicos superiores enmarcados en cinco liñas de actuación cos seguintes perfís:

Liña de Actuación Dinamizando a transferencia de resultados de I+D+i:
2 titulados universitarios en Economía ou Administración e Dirección de Empresas para analizar o potencial de mercado, propoñer o desenvolvemento de negocio e calcular necesidades financeiras de cara á comercialización de resultados de investigación
1 titulado universitario en Humanidades ou CC. Sociais ou Xurídicas para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
1 titulado universitario en Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para analizar dende o punto de vista científico-técnico os resultados de investigación xerados na USC, avaliando o seu grao de innovación, grao de desenvolvemento, aplicacións potenciais e outros aspectos técnicos.
Titulado Superior en Formación Profesional en Administración e Finanzas para dar soporte manexando ferramentas específicas de xestión documental e bases de datos para facilitar a tarefa de inventariar resultados, xestionar expedientes e realizar trámites administrativos asociados ao proceso de transferencia de coñecemento.

Liña de Actuación Formando aos promotores de I+D+i de 2020:
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias da Saúde para realizar funcións de promotor de I+D orientado a ciencias da saúde (Campus Vida).
1 titulado universitario no ámbito das Ciencias Experimentais ou do Mar para realizar funcións de promotor de I+D orientado á xestión e conservación dos recursos acuáticos (Campus do Mar).
1 titulado universitario no ámbito de Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Agrarias, Forestais, Alimentarias ou do Territorio para realizar funcións de promotor de I+D orientado á bioeconomía (Campus Terra).
1 titulado universitario no ámbito de Humanidades, Ciencias Sociais ou Xurídicas para realizar funcións de promotor de I+D orientado a sociedades inclusivas – xestión do patrimonio cultural (Campus da Cidadanía)
1 titulado universitario con perfil xurídico-financeiro orientado á especialización na xestión xurídico-legal, económica e financeira das actividades de I+D+i.

Liña de Actuación Universidade: Comunicando a I+D+i:
4 titulados universitarios en Comunicación, Xornalismo, Enxeñaría Informática ou afíns, para realizar funcións de difusión e comunicación das actividades e resultados de I+D+i (divulgación e comunicación científica; xestión e administración de redes sociais; desenvolvemento de contidos...).

Liña de Actuación Modelos preclínicos innovadores do Centro de Investigación en Biomedicina Experimental da USC (CEBEGA):
5 titulados universitarios que completarán a súa formación para realizar tarefas no desenvolvemento de modelos preclínicos innovadores para a avaliación biolóxica de distintas terapias en patoloxía humana.

Liña de Actuación “Química Ambiental Mariña”:
1 Técnico Superior en Formación Profesional en Química Ambiental.

Unha vez resolta a convocatoria do Programa polo MINECO a USC disporá dun mes para contratar aos candidatos elixidos. Considerando o curto espazo de tempo, os estudantes/titulados que teñan interese en participar nesta posible contratación deberán remitir datos á dirección cittinfo@usc.es o prazo para remitir a dita ficha estará aberto dende o próximo 1 de xuño ata as 14 horas do día no que se publique por parte do ministerio a resolución de concesión.
O Criterio de selección será a nota media do expediente académico.

Para poder ser contratado a través destas axudas É OBRIGATORIO ESTAR INSCRITO NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (SNGX). A información relativa a este rexistro, aos requisitos e aos trámites a realizar para inscribirse pódense atopar no seguinte link:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html