Novas e actividades (1213)

INJUVE pon en marcha un proceso participativo para identificar os principais retos e problemáticas que debe afrontar a mocidade europea, contribuíndo á construción dunha Axenda Europea de Xuventude que permita a formulación de políticas públicas ambiciosas, específicas e distintivas.

Queres contribuír?
O proceso lévase a cabo mediante un cuestionario web destinado a mozos e mozas de 13 a 30 anos entre o 20 de xuño e o 1 de agosto. Os resultados servirán como punto de partida para a elaboración dun documento estratéxico de posicionamento político sobre o que artellar as prioridades do Consello da Unión Europea en materia de mocidade durante a Presidencia de España, que terá lugar entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2023.

Temáticas do cuestionario

Primeira parte: retos e problemáticas da mocidade en Europa

Selecciónanse cinco modalidades de violencia cuxa incidencia entre os mozos e mozas é crítica, xa que delimitan e condicionan o desenvolvemento da mocidade.

Segunda parte: a Europa que merecen os mozos e mozas

Composta de dúas preguntas abertas sobre a Europa que merece a xuventude. A UE do futuro, impulsada pola xeración actual de mozos e mozas, esixe de todos nós unha reflexión aberta, crítica, creativa e compartida que permita avanzar de forma realista e consciente das barreiras e ameazas que poden interferir no seu despregamento, pero tamén das fortalezas que debemos desenvolver e os resortes de cambio.

Terceira parte: valoración das políticas públicas europeas en materia de xuventude

Trátase de recoller unha valoración das políticas públicas europeas en materia xuvenil.

A Comisión Europea aprobou en 2018 unha Estratexia da Unión Europea para a Mocidade para desenvolver entre 2019 e 2027, constituíndose a través dun proceso de participación aberto ao diálogo entre repesentantes das persoas mozas, investigadores e responsables políticos, dando como resultado unha serie de metas para dar resposta aos retos aos que se enfronta Europa. Neste enlace exponse un resumo destas metas.

 

Sobre o cuestionario 

A finalidade do cuestionario é inspirar as políticas da UE nos próximos anos, polo que sesolicita ter en conta este enfoque europeo á hora de responder o cuestionario.

O Instituto de Innovación, Desenvolvemento e Impacto Social (IIDIS) será o encargado da identificación, recompilación e sistematización da información, coñecemento e experiencia dispoñibles e da elaboración das recomendacións e propostas de futuro co obxectivo de inspirar a construción de políticas europeas e contribuír á suma de axentes clave. Os resultados da consulta daranse a coñecer nunha presentación pública no mes de outubro de 2022.

 

Acceso ao cuestionario

Dúbidas sobre o contido do cuestionario

Web do Consello da Unión Europea: Presidencia do Consello da UE

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu as iniciativas solidarias realizadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Riotorto no marco do programa Pasaporte Solidario da Xunta de Galicia. Alí destacou a importancia desta iniciativa para trasladarlle aos máis novos valores e para realizar actividades que fomenten o seu espírito solidario.

No programa, que se enmarca dentro do Plan Proxecta , participou todo o alumnado de primeiro a sexto de Primaria.

As sete actividades incluíron unha visita de membros do parque eólico experimental Sotavento, a recollida de produtos para Ucraína, a gravación de música en lingua de signos, unha carta aos nenos da Palma que quedaron sen colexio ou unha cadea conxunta de todas as súas boas accións polo Día da Paz. Os mozos recollían cada unha destas actividades nunha folla do seu pasaporte solidario.

Durante o encontro, Cristina Pichel agradeceu aos nenos o seu esforzo solidario e o traballo de profesores e equipo directivo promovendo este tipo de actividades. Así, destacou que programas como Pasaporte Solidario axudan a reforzar os valores cidadáns entre os nenos á vez que favorecen a súa constancia e autoestima, xa que levan eles mesmos a conta das actividades que realizan.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou na final de Parlamento Xove o récord de participación acadado nesta edición do programa. É o balance dunha xornada na que se proclamaron gañadores do certame os equipos IES Rafael Puga Ramón de A Coruña, na ESO, Colexio La Salle de Santiago, en bacharelato, e Campus universitario de Santiago 2, en universidades.


Ademais, 11 mozos recibiron a mención de honra ao mellor orador. Na categoría da ESO os mellores oradores foron Lucas Rodríguez Kawalski (do IES María Inmaculada Carmelitas Vedruna, en Vigo), Ana Varela Pose (IES Rafael Puga Ramón, A Coruña) e Noa Santiago Falcón (IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía). En bacharelato: Andrés Collantes Barros (Colexio La Salle, Santiago), Blanca Noya Juncal (Colexio La Salle, Santiago), Óscar Rodríguez de Vivero (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo) e Alfonso Vázquez Losada (Colexio Peñarredonda, A Coruña). En universidade: Paula Álvarez García (Campus Santiago de Compostela), Pablo Abelleira Acevedo (Campus Pontevedra), Jaime Arangüena Laffón (Campus A Coruña) e María Pedreira López (Campus Santiago de Compostela).


Ademais, os premios aos mellores artigos de investigación outorgáronse ao Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior e ao IES Fontexería de Muros.


Na súa intervención, Fabiola García puxo o foco nos oito novos equipos que se presentaron este ano á fase clasificatoria, ata sumar un total de 58. O número de participantes superou os 270, entre estudantes e profesorado.


A Conselleira de Política Social e Xuventude lembrou aos oradores a relevancia da palabra fronte á forza como medio para facer valer as distintas opinións. Ademais, convidounos a ter presente o valor da liberdade de expresión, propia das democracias sans.


Os equipos gañadores recibirán un premio de 5.000€ para organizar unha viaxe no caso das categorías de ESO e bacharelato, e 2.500€ no caso da de universidades. A dificultade da proba radica en que a posición de cada equipo, a favor ou en contra, se sortea cinco minutos antes do comezo, de xeito que os participantes teñen que prepararse para afrontar as dúas posturas. A pregunta desta final, con ocasión da Guerra de Ucraína, foi: Debe a Unión Europea actuar militarmente en terceiros países na defensa dos dereitos humanos?


A final tivo lugar no Parlamento de Galicia, coa presencia das familias dos estudantes, e tamén se puido seguir a través de internet.

A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e de Ferrol para o curso académico 2022/2023

Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, os requisitos, o baremo de selección, o prezo e o prazo de presentación de solicitudes que permanecera aberto desde o 17 xuño ata as 14:00 h do 15 de xullo.

Como solicitar a miña praza?

  • Alumnado de continuación de estudos: Plataforma para solicitudes
  • Alumnado que vaia a matricularse por primeira vez na UDC: debe solicitar a praza nas residencias públicas universitarias (A Coruña - Ferrol), descargando e enchendo este formulario. Deberán asinalo, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, e presentalo xunto coa documentación requirida na convocatoria en:

- A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña);

- Ferrol: no Negociado de Asuntos Xerais, Edificio de Usos Administrativos, 1º piso (campus de Esteiro);

-  ou por calquera dos procedemientos establecidos no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Convocatoria de  prazas  nas Residencias Públicas da UDC

Información sobre aloxamento

Consultas sobre a convocatoria: Sección de Bolsas, a través do correo: axudas.aloxamento@udc.es co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".

Consultas sobre as residencias: A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es Tel.: 881 024 003 / Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es Tel.: 981 337 400

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2022/2023, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) 18 anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2022.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2022/23.
A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

Residencias:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
https://www.edu.xunta.gal/centros/credovigo/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credoourense/

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2022.
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2022 e en www.edu.xunta.es 

Desde a Universidade Internacional de Andalucía xunto coa participación de ERYICA, organízase este encontro sobre mocidade e benestar.

Ante o incremento masivo de problemas emocionais debido ao impacto da pandemia, é unha necesidade o investimento urxente en saúde mental e benestar emocional das persoas mozas. Por iso, este encontro pretende analizar a situación actual social desde diferentes perspectivas e expoñer iniciativas que poden ser de utilidade para a nosa sociedade, contando con expertos no campo e coa presenza de lexisladores.

DURACIÓN

Terá lugar do día 23 ao 25 de agosto de 2022 en Baeza, Xaén. Cunha duración de 20horas impartidas en modalidade presencial.

DESTINATARIOS/AS

Estudantes e graduados/ as en Psicoloxía e áreas afíns, lexisladores, orientadores, profesionais da educación e saúde, público en xeral.

MATRÍCULA

O prazo de matrícula concluirá 5 días naturais antes de que comece a actividade académica.

O número de prazas é limitado. Cubriranse por rigorosa orde de recepción de matrículas.
O importe da matrícula é de 45 euros, inclúe a cantidade de 8 euros, en concepto de apertura de expediente e expedición de certificados.

AXUDAS

As modalidades de axudas convocadas son de matrícula e de aloxamento. O prazo de solicitude concluirá o 10 de xuño.

Máis información

 

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de lecer e deporte para persoas con discapacidade intelectual.

Precisan persoas voluntarias para as súas actividades de verán: Xacobeo 2022 e Vacacións de Verán 2022

 

XACOBEO 2022

Teñen previsto realizar o Camiño de Santiago na semana do 27 de xuño ao 3 de xullo, actividade para que precisan persoas voluntarias.

Realizarán 7 camiños á mesma vez con diferentes entidades de Galicia e doutras comunidades autónomas.

Todos os días sairán desde Santiago, é dicir, ao ser un grupo tan numeroso de persoas participantes (ao redor de 400 persoas), por motivos de loxística, as asociacións aloxaranse no Monte do Gozo. Desta maneira a organización será a seguinte: todos os días recolleraos un autobús en Santiago para levalos ao comezo da etapa que lles corresponda, ao finalizala, o mesmo autobús traeraos de volta a Santiago, desta maneira, as persoas voluntarias que sexan de Santiago irán durmir á súa casa, para as que sexan de fóra, teñen reservadas un número limitado de prazas para pernoitar.

Perfil:
Maior de 18 anos.
Preferiblemente con carné de Conducir B.

Funcións da persoa voluntaria:
Apoio en todo o relacionado coa organización.
Apoiarán ao coordinador/a acompañando ao grupo durante as diferentes etapas segundo as súas indicacións.
Dinamizarán o grupo.
Conducir vehículos de apoio durante os diferentes roteiros.
Apoio á persoa responsable do aloxamento con todo o relacionado coas chegadas das diferentes asociacións.
Apoio ao persoal de comunicación, entrevistas ás persoas participantes durante o camiño, realización de reportaxes gráficas.
Responderán as necesidades do grupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a.
Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
Outras funcións que poidan xurdir en beneficio da persoa con discapacidade intelectual.


VACACIÓNS DE VERÁN 2022

En canto aos campamentos, todos realizaranse pola provincia de Pontevedra con pernoita.

Funcións da persoa voluntaria:
Interactuarán conxuntamente coas persoas con discapacidade intelectual e monitores/as, facilitando a inclusión en diferentes contornas.
Apoiarán ao coordinador/para acompañando un subgrupo durante as actividades segundo as súas indicacións.
Propoñerán actividades, festas e dinamizarán o grupo de monitores/ as.
Responderán as necesidades do subgrupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a.
Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
Outras funcións que poidan xurdir en beneficio do lecer da persoa con discapacidade intelectual.

Documentación necesaria:
Fotocopia DNI, tarxeta sanitaria e carné de conducir.
Certificado de delitos sexuais.
Certificado COVID-19.
Ficha de voluntario/a que se axunta (esta ten que ser a orixinal ou con firma dixital)

Realizaranse en quendas dunha semana, durante os meses de xullo e agosto nas seguintes datas:
5-12 Xullo
14-21 Xullo
23-30 Xullo
1-8 Agosto
10-17 Agosto
19-26 Agosto

No caso de decidir participar, enviarlles unha listaxe por orde de prioridade en canto ás datas.

Prazo de inscrición: 15 de xuño de  2022

Poderiase impartir unha charla informativa antes do día 15 de xuño para as persoas que manifestasen interese en participar nalgunhas destas actividades.

Máis información
Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual. "Special Olympics Galicia"
Vía Pasteur, 53- B- Polígono do Tambre
15890- Santiago de Compostela
Teléfono 981 519 815
administracion@specialolympicsgalicia.org

http://specialolympicsgalicia.org/ 

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias. O número total de prazas oferta a Universidade é de 1002.

O SUR proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.

Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.

Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531

 

Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302

 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2022

Máis información no Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, tfno.: 881 814 574/582
http://www.usc.es/sur 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2022/23 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2021/22 (BOE do 30 de xuño de 2021).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2*, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 635 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 973,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.563,10 €.
d) Máis do 30 %: 2.319,22 €.

Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 1 de agosto de 2022 (este incluído).

As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2022 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
https://www.edu.xunta.gal/centros/credovigo/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credoourense/ 

* O limiar 2 de renda familiar:

Familias dun membro: 13.236
Familias de dous membros: 22.594
Familias de tres membros: 30.668
Familias de catro membros: 36.421
Familias de cinco membros: 40.708
Familias de seis membros: 43.945
Familias de sete membros: 47.146
Familias de oito membros: 50.333

O Centro Raiña Sofía sobre Adolescencia e Mocidade, Fundación FAD Juventud presenta o Barómetro Xuvenil 2021. Saúde e benestar.

A autopercepción da saúde entre a mocidade é substancialmente peor en 2021 en comparación con anos anteriores: en 2017 un 86,7% afirmaba ter boa ou moi boa saúde, porcentaxe que pasa ao 77,5% en 2019 e ao 54,6% en 2021. As mulleres perciben que teñen un peor estado de saúde que os homes, cunha diferenza de ata 10 puntos porcentuais.

Produciuse un lixeiro descenso da poboación nova que se preocupa bastante pola súa imaxe externa con respecto ao 2019. A variación é significativamente máis elevada no caso dos homes —pasando do 23% ao 15,5% en 2021. Na mesma liña, son elas as que declaran en maior medida realizar dietas de adelgazamento para verse mellor esteticamente.

As mulleres declaran sufrir problemas psicosociais en maior medida que os homes, dándose as diferenzas máis notables – entre 15 e 20 puntos porcentuais máis – nas sensacións de tristeza, cansazo e apatía, ansiedade e nos problemas de concentración.

A porcentaxe de poboación nova que declara padecer problemas de saúde mental con moita frecuencia pasou do 6,2% en 2017 ao 15,9% en 2021, destacando unha vez máis as mulleres, que están preto de dobrar a porcentaxe dos homes. Do total de problemas de saúde mental declarados, un 36,2% afirma contar cun diagnóstico, principalmente depresión ou trastornos por ansiedade. Tamén se observa un aumento na ideación suicida con alta frecuencia, que pasou dun 5,8% en 2019 a un 8,9% en 2021.

A pesar de declarar maiores malestares, a porcentaxe de mozas con problemas de saúde mental que busca axuda profesional diminuíu substancialmente desde 2019, pasando do 59,5% ao 50,8% en 2021.

1 de cada 5 mozos non comparte con ninguén os problemas vinculados ao estrés, porcentaxe que chega ao 26,5% no grupo de menos idade, e preto do 10% afirma non acudir a ninguén para buscar consello ou axuda ante unha cuestión persoal grave. A familia é a principal fonte de apoio social na mocidade, sobre todo no grupo máis maior. Entre os 15 e os 19 anos acoden en maior medida ás súas amizades.

Con respecto ao 2019, incrementouse a porcentaxe de poboación nova que leva a cabo prácticas de risco con alta frecuencia, sendo practicar relacións sexuais sen protección a máis estendida (22,4%), seguida da participación en pelexas (10,5%) e superando en todos os casos os homes ás mulleres.

Informe: https://www.adolescenciayjuventud.org/publicacion/barometro_salud_bienestar/