A Xunta premia o talento musical da mocidade galega na final do programa Xuventude Crea

17 Nov 2023

A Xunta de Galicia premia o talento e a creatividade de Eloy Vidal Varela (Corme, Ponteceso), Antía Vázquez Pantín (Vimianzo) e Pablo Castro Lema (Oleiros), que conforman o grupo Alana, gañadores do programa Xuventude Crea 2023 nabpremioxuventudecrea2 categoría de Música. Os títulos das creacións musicais coas que estes mozos se fixeron co primeiro lugar foron ‘Liñares’ e ‘Consuelo de Muiñeira’.

En segunda posición quedou Juan Arca Figueroa (Santiago de Compostela), coas pezas de música ‘Cinco fiestras e ‘Dúas lontras’; e Estela Rodríguez Rodríguez (Ourense) resultou a terceira clasificada tras interpretar dúas pezas clásicas ‘Só de Concours de André Messager’ e ‘Homenaxe a Bach de Béla Kovacs’. Ademais, o xurado concedeu unha mención de honra a Daniel Fernández Filloy (O Carballiño) polas obras ‘Tráxicos’ e ‘El tercer impacto’.

A final desta especialidade, unha das catorce que contempla o programa Xuventude Crea, celebrouse o domingo 12 de novembro no Playa Club da Coruña, onde o público desfrutou dun concerto coas 16 obras que chegaron a esta fase. Os gañadores recibirán un premio en metálico de 3.000 euros, o segundo clasificado levará 1.500 euros e a dotación económica para o terceiro é de 1.000 euros.

As obras e artistas máis recentes de Xuventude Crea poden consultarse no museo web do programa: https://www.museoxuventudecrea.gal/

http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea