En portada (1125)

Outono Xove 2022

Out 28, 2022

Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición de Outono Xove, un programa de educación non formal con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante os meses de novembro e decembro en dous tipos de espazos diferentes:

1. Durante as fins de semana en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego.

2. De carácter semanal nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

1. FINS DE SEMANA EN ALBERGUES XUVENÍS

As actividades comezarán a partir do 11 de novembro. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

Ofértanse 880 prazas nos 10 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

Poderase solicitar a devolución da cota sempre que se comunique a renuncia á praza adxudicada cunha antelación mínima de 5 días naturais á data de inicio da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comezará o día 2 de novembro ás 10.00 horas e será mediante formulario en liña. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

+ Formulario de inscrición de 14 a 17 anos

+ Formulario de inscrición de 18 a 30 anos

Consulta aquí a toda a información do programa 

2. PROGRAMACIÓN ESPAZOS XOVES

Esta programación, totalmente gratuíta, inclúe doce tipos de actividades presenciais vinculadas a diferentes ámbitos:

-Catro deles desenvolveranse aos sábados: escape room, break dance, obradoiro de cine, xogos de mesa.

-Os oito restantes realizaranse de martes a venres, segundo o calendario que se especifica para cada espazo xove: rap, danza moderna, xadrez creativo, xadrez, maquillaxe artística, robótica, teatro, ciencia.

As actividades están dirixidas á mocidade da contorna de cada espazo xove entre 12 e 18 anos. Terán preferencia aqueles con idades comprendidas entre os 12 e os 16.

Cada persoa poderá inscribirse en cantos obradoiros queira, tendo en conta que algúns teñen varias sesións encadeadas ao longo do período do programa. A inscrición será no propio espazo xove a través das súas canles de comunicación habituais (presencial, telefónica ou electrónica).

Consulta aquí o detalle da programación de cada espazo xove.

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), da que forma parte a Xunta de Galicia, abriu neste ano 2022 unha liña de axudas para mellorar a sustentabilidade e a accesibilidade nos albergues estatais que forman parte da rede.
 
O proxecto “Aquí comemos todos”, presentado polo Complexo Residencial Lug2, conseguiu chegar á fase de votación final na liña de axudas REAJ á accesibilidade, na que competirá xunto con tres albergues máis doutras comunidades autónomas. O obxectivo principal de “Aquí comemos todos” é facilitarlle o acceso ao comedor do albergue ás persoas con discapacidade, mediante a creación dunha rampa exterior que facilite a autonomía das persoas con maiores dificultades de mobilidade.
 
A votación, que permanecerá aberta á participación do público en xeral ata o 11.11.2022, cómpre realizala a través do enlace seguinte (1 voto por categoría, persoa e día): https://reaj.com/lineas-de-ayuda-de-sostenibilidad-y-accesibilidad/
 
Anímate a votar! Coa túa participación contribuirás a mellorar a accesibilidade de todas as persoas usuarias do albergue Lug2!

No DOG n.º 196, deste venres, 14 de outubro de 2022, publícase a RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0657-061022-0003_gl.html

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 10 de outubro de 2022 a resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil.

DOG do 10 de outubro de 2022

Operación cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do POEX.
O FSE inviste no teu futuro.

 

xunta marca positivoEUROPAxacobeo21 22 color

 

 

 

 

 

Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D (novidade nesta convocatoria)

Requisitos (no día de presentación da solicitude):
-Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

Máis información no DOG do 28 de setembro de 2022

Anexo II

Anexo III

Folleto

O Instituto de la Juventud (INJUVE) e o Consejo de la Juventud de España (CJE) colaboran no Programa de Diálogo con la Juventud.

Trátase de artellar as Embaixadas para o Diálogo coa Xuventude: grupos de mozos e mozas que buscan establecer procesos de diálogo entre a xente nova e os responsables administrativos con peso na toma de decisións en materia xuvenil. Para isto colaboran o NWG (Grupo Nacional de Traballo), os Consellos de xuventude locais e autonómicos, as Direccións Xerais de Xuventude e outras entidades.

Actualmente está a convocatoria aberta ata o 26 de setembro e as embaixadas formadas manteranse ata xullo de 2023. Para se inscribir basta con encher o formulario que segue: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9h-8OFbprrqJz3w36fpX8r5OBjFGGzJSLhUGPORS81Mst2g/viewform

Máis información en http://dialogojuventud.cje.org/

webcarnexove

Donde podes usar o teu carné xove? que establecementos hai no teu concello? 

Agora tes unha páxina web donde podes consultar todos os descontos que tes co teu carné xove, que coberturas ten o seguro de viaxe do teu carné e incluso descargar un carné xove virtual no teu teléfono móbil.

 

Consulta a web do Carné Xove!!

Lembra que podes visitar o museo dixital do programa Xuventude Crea  

A través da web www.museoxuventudecrea.gal pódese acceder ás obras premiadas, desde 2018, nas distintas categorías deste certame de creación xuvenil, que recoñece a creatividade, a orixinalidade e o enxeño dos mozos galegos nun amplo abano de disciplinas.

Este novo espazo difunde os traballos premiados ao longo do programa en todas as súas especialidades, 14 actualmente: arte urbana, artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación. 

O obxectivo principal desta nova web é incrementar as oportunidades destes mozos e mozas para continuar a súa carreira artística de cara a abrirlles novas portas en salas de concertos, museos, teatros ou auditorios, por exemplo. De feito, esta non é a única estratexia de difusión do talento da mocidade realizada pola Administración autonómica, que tamén ten en marcha unha exposición itinerante cos mellores traballos presentados a este programa para promover por toda Galicia o talento xuvenil.

MUSEO XUVENTUDE CREA

A Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado Correspondentes STICKERS correspondente universitario a través do programa Correspondentes universitarios/as.

Este programa pretende difundir os programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia e as universidades ofrecen á mocidade galega, así como outra información de interese, entre o alumnado das tres universidades. Serán os propios estudantes, como correspondentes universitarios/as, os encargados/as de transmitila, o cal favorece a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.

Funcións das e dos correspondentes universitarias/os:
- Difundir entre o alumnado información sobre os programas e iniciativas para a xuventude que promova a Xunta de Galicia, as universidades e aqueles outros de interese que os mozos e mozas poidan coñecer a través dos medios ao seu alcance como redes sociais, medios de comunicación, páxinas web, etc.
- Xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación da información no centro que lle asigne a Universidade que corresponda.
- Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación ou Voluntariado (en adiante DXXPV) ou as universidades, destinados ás e aos correspondentes universitarios/as.
- Organizar unha xornada de información xuvenil nalgún emprazamento do seu campus universitario, baixo o acompañamento e supervisión da DXXPV.
- Aquelas outras que supoñan a mellora na achega de información á mocidade.

Beneficios das e dos correspondentes universitarias/os:
- Recibir información xuvenil de interese para a comunidade universitaria.
- Recibir gratuitamente formación en materia de información xuvenil.
- Recibir gratuitamente o carné de alberguista, se lles interesa.
- Recoñecerlles o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas, a través dun certificado de educación non formal en materia de xuventude.
- A USC expedirá unha certificación ao seu alumnado que acredite a participación en Correspondentes Universitarios para a solicitude de ata un máximo de 3 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 25 horas, unha vez completado o protocolo por ela fixado.
- A UDC expedirá unha certificación aos seus estudantes que acredite a participación en Correspondentes Universitarios para a solicitude de ata un máximo de 3 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
- A Universidade de Vigo convalidará ao seu alumnado o tempo de participación no programa por ata un máximo de 6 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 30 horas, a partir do certificado expedido pola DXXPV.

Requisitos/obrigas das persoas solicitantes: Correspondentes STICKERS etiqueta
- Manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das universidades de Santiago de Compostela, Vigo ou A Coruña durante todo o curso 2022/2023.
- Ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude.
- Describir a motivación/razón pola que se inscriben no programa.
- Asistir, como mínimo, ao 80% das reunións de coordinación e seguimento convocadas pola DXXPV para poderen acreditar a súa participación como correspondentes no final do curso. Só se permitirán excepcións por causas médicas ou académicas debidamente xustificadas. A DXXPV emitirá un certificado oficial de asistencia a reunións ou actividades vinculadas ao programa para a súa xustificación ante unha posible ausencia académica.
- Organizar unha xornada de información xuvenil nalgún emprazamento do seu campus, baixo o acompañamento e supervisión da DXXPV. Unha data orientativa é a do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil.
- Cumprir os requisitos específicos que estableza cada Universidade para estes efectos. No caso da USC, para o recoñecemento do traballo dos Correspondentes Universitarios esíxese que estean inscritos no Rexistro de Persoal Voluntario desta institución. Para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS por ano académico, o alumnado participante deberá ter realizada a formación segundo o protocolo que se recolle no Acordo do Consello de Goberno da USC para o recoñecemento de créditos nos estudos de grao ao abeiro do artigo 12.8 do RD1393/2007 do 5 de xullo de 2016 xunto coa formación básica en materia de información xuvenil proporcionada polos técnicos da DXXPV.

A solicitude de participación farase a través do seguinte FORMULARIO

O prazo para solicitar a participación no programa estará aberto ata o 17 de outubro de 2022.

Anímate a participar!!

 

 

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís coaCorrespondentes STICKERS etiqueta pretensión de contar cunha antena informativa en cada centro educativo.    

O equipo de Correspondentes Xuvenís será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa.

Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, grupos de wahtsapp, web do IES, taboleiro informativo...
- Remitir a Xuventude información do seu centro ou do seu concello que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.

Beneficios para os/as correspondentes:
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Contarán con asesoramento para a posta en marcha do programa no seu centro educativo.

Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.

O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 26 de setembro de 2022.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, ata o 30 de outubro de 2022. FORMULARIO DE SOLICITUDE

O formulario deberase enviar a informacion.xuventude@xunta.gal  Correspondentes STICKERS altavoz redes

Máis información no teléfono 881 997 606 e 881 997 602 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626