Premios e concursos (180)

A Cátedra de Cooperación para el Desarrollo da Universidad de Zaragoza convoca o XIV Concurso de Fotografía “Imaxes da Cooperación Internacional” no que se establecen 2 categorías:
-Categoría I: Público xeral
-Categoría II: Membros da comunidade universitaria UNIZAR

Cada concursante deberá presentar unha soa obra, aínda que esta poida tratarse dunha serie dun máximo de catro fotografas. Nese caso, o xurado considerará a serie como unha única obra no seu conxunto, sen fragmentarla, nin excluír ningunha das súas pezas. O tema será a Cooperación Internacional e a técnica e o tamaño das fotografías serán libres.

A presentación das fotografías realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo catcodes@unizar.es

Requisitos
Poderán participar todos os fotógrafos profesionais ou afeccionados que o desexen.

Dotación
-Categoría I: 600 €
-Categoría II: 400 €

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o 7 de xuño de 2024.

Máis información
http://catedradecooperacion.unizar.es/

O Comité de Prevención do Tabaquismo do Hospital Clínico San Carlos convoca a III Edición do Concurso de Fotografía “Hospital Sen Fumes, Hospital Feliz”, con motivo das actividades de celebración do Día Mundial Sen Tabaco o 31 de maio de 2024.

Cada participante poderá presentar unha fotografía utilizando a técnica da súa preferencia. A temática será o Día Internacional Sen Tabaco e o Hospital Sen Fume.

A presentación das fotografías realizarase mediante o formulario de inscrición da plataforma mundoarti, en formato .JPG e tamaño máximo de 5MB.

Requisitos
Poderá presentarse calquera persoa residente en España.

Dotación
Establécese un primeiro premio e un accésit á fotografía gañadora que consistirá na entrega dun certificado emitido polo Hospital no que conste o premio obtido e un paquete de libros doados polo programa “Saúde e Lectura”.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 3 de maio de 2024.

Máis información
https://www.comunidad.madrid
Inscrición
cpt.hcsc@salud.madrid.org

O Comité de Prevención do Tabaquismo do Hospital Clínico San Carlos convoca a VI Edición do Concurso de Debuxo Infantil “Hospital Sen Fumes, Hospital Feliz”, con motivo das actividades de celebración do Día Mundial Sen Tabaco o 31 de maio de 2024. Establécense 3 modalidades:
a) Premio benjamín: de 5 a 8 anos.
b) Premio infantil: de 9 a 12 anos
c) Premio xuvenil de 12 a 16 anos

Cada participante poderá presentar un debuxo utilizando a técnica da súa preferencia (lapis, ceras, acuarela, colaxe etc.). O debuxo deberá estar feito nun folio tamaño DINA4 de calquera grosor e en calquera cor de fondo. A temática será o Día Internacional Sen Tabaco e o Hospital Sen Fumes.

A presentación dos debuxos realizarase mediante o formulario de inscrición da plataforma mundoarti, en formato .JPG e tamaño máximo de 5MB.

Requisitos
Poderán presentarse todos/as os/as nenos/as de entre 5 e 16 anos.

Dotación
Establécese un primeiro premio para cada categoría ao debuxo gañador que consistirá na entrega dun certificado emitido polo Hospital e un paquete de libros doados polo programa “Saúde e Lectura”.
Entregarase a cada participante un diploma conmemorativo do concurso.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 3 de maio de 2024.

Máis información
https://www.comunidad.madrid/
Inscrición
cpt.hcsc@salud.madrid.org

A Deputación de Pontevedra convoca o concurso de microrrelatos audiovisuais Concurso Micromuseo, posto en marcha con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, datado para o 18 de maio de 2024 e cuxo lema é Museos pola educación e a investigación.

Poderán optar a estes premios os centros escolares de educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e as categorías nas que poden participar son:
a) 1ª categoría: estudantes de 5º e 6º de educación primaria.
b) 2ª categoría: estudantes da ESO de 12 a 15 anos.
c) 3ª categoría: estudantes de bacharelato ou de ciclos formativos.

Participarase cun grupo de entre 2 a 5 estudantes e unha ou un representante do centro escolar (Dirección, Xefatura de Estudos, titora ou titor ou docente).

O centro escolar debe estar situado nalgún concello da provincia de Pontevedra.

O concurso consistirá na presentación dun microrrelato en formato audiovisual, o cal non deberá superar os 60 segundos.

Para realizar este audiovisual, tomaranse como eixes temáticos ou argumentais os distintos edificios que compoñen o Museo de Pontevedra ou calquera peza exposta nos edificios Castelao ou Sarmiento ou nas Ruínas de San Domingos, actualmente abertos ao público.

Os traballos presentados deberán realizarse en lingua galega e ser orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos similares.

Premios
1ª categoría
1º premio: mil (1.000,00) euros para o centro escolar, tabletas para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2º premio: libros electrónicos para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2ª categoría
1º premio: mil (1.000,00) euros para o centro escolar, tabletas para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2º premio: libros electrónicos para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
3ª categoría
1º premio: mil (1.000,00) euros para o centro escolar, tabletas para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2º premio: libros electrónicos para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.

O prazo de participación no concurso estará aberto ata o 31 de maio de 2024.

Máis información no BOP de Pontevedra do 26 de marzo de 2024

O III Certame de Microrrelatos Feministas da Universidad de la Rioja preséntase dentro do Marco das Actividades Culturais organizadas e patrocinadas pola Universidad de la Rioja durante o ano 2024.

Os traballos que participen no certame terán como argumento ou basearán a súa idea nun tema libre de referencia feminista, tendo que usar as palabras "muller", "mans" e "auga", e terán unha extensión de 150 palabras.

A presentación das obras realizarase a través do formulario de inscrición.

Requisitos
Poderá participar calquera persoa maior de 16 anos.

Dotación
Primeiro premio: 400 € e publicación
Segundo premio: 300 € e publicación
Premio local: 200 € e publicación

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de abril de 2024.

Máis información
https://www.unirioja.es
Inscrición
microrrelatosfeministasur@gmail.com

O Concello de Marín convoca o XXII Premio de Poesía Concello de Marín.

Os traballos serán en lingua galega, orixinais e inéditos. Terán unha extensión mínima de 100 versos e poderán formar parte dun só poema ou de varios. Cada autor poderá presentar unha única obra.

Requisitos
Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade, que sexan maiores de idade.

Dotación
Premio único: 1.000 €

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 3 de maio do 2024.

Máis información
https://www.concellodemarin.es

O concello de Ermua convoca o Concurso de carteis de Santiagos de Ermua 2024.

Os carteis presentados deberán de referirse obrigatoriamente no aspecto temático á festividade patronal desde calquera perspectiva relativa á mesma, debendo incluír obrigatoriamente a lenda “Santiagos 2024 Ermuko Jaiak”. As obras deben ser orixinais e non poden ter sido premiadas noutros concursos de carteis. Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 obras.

A inscrición será en liña a través da plataforma dixital mundoarti.com. Deberase anexar a imaxe da obra (co lema Concurso de carteis de Santiagos de Ermua 2024) e o seu peso será de ata 5MB en formato JPG.

Requisitos
Poderán particiar todas as persoas que o desexen.

Dotación
Premio único: 600 €

O prazo de recepción de traballos estará aberto ata 8 de maio de 2024.

Máis información
https://www.mundoarti.com

O IES Dolmen de Soto, de Trigueros (Huelva) convoca a XXV Edición do Concurso de Narracións Breves "Fernando Belmonte".

As obras estarán escritas en castelán e serán orixinais, inéditas e non premiadas anteriormente. Terán unha extensión máxima de 10 folios (Din A4 a corpo 12) a dobre espazo e por unha cara. Cada autor poderá presentar ata 3 obras.

A presentación realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo “XXV Concurso de Narracións Breves Fernando Belmonte” I.E.S. Dolmen de Soto C/Sevilla, 4 -21620- Trigueros (Huelva) indicando a categoría, ou por correo electrónico ao enderezo certamenfernandobelmonte@yahoo.es

Requisitos
Formar parte da comunidade escolar internacional de fala castelá. Profesorado, alumnado, pais/nais e calquera persoa que desenvolva o seu traballo en Educación.

Dotación
-1.500 € para o mellor relato.
-500 € para o mellor relato de alumno/a.
-Lote de libros para alumno/a de Bacharelato.
-Lote de libros para alumno/a de E.S.O.
-Lote de libros para alumno/a de Primaria.
-Lote de libros para o mellor relato de alumno/a local. Premio “Pablo Fernández”.

O prazo de admisión de traballos estará aberto ata o 30 de abril de 2024.

Máis información
https://iesdolmendesoto.com
959 52 49 82

O Concello de Alcantarilla convoca o XXXII Certame de Poesía e Conto de Humor "Jara Carrillo", no que se establecen dúas modalidades: Poesía e Conto.

As obras, escritas en castelán, serán orixinais, inéditas e non premiadas anteriormente en ningún outro concurso. A temática das obras será o humor, en calquera das súas diversas manifestacións. Cada participante poderá enviar ata dúas obras por modalidade. A extensión das obras será a seguinte:
-Poesía: entre 56 e 150 versos, repartidos nun ou varios poemas.
-Conto: entre 5 e 8 páxinas.

A presentación das obras realizarase a través da plataforma mundoarti.

Requisitos
Poderán participar neste certame persoas de calquera nacionalidade maiores de 18 anos.

Dotación por modalidade
Primeiro premio: 2.500 €
Accésit: 1.200 €

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 7 de xullo de 2024.

Máis información
https://www.alcantarilla.es
Inscrición Poesía
Inscrición Conto

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o 14º Concurso de Marcapáxinas para conmemorar o Día das Letras Galegas 2024: Luísa Villata.

O marcapáxinas debe ser orixinal e inédito e recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra, así coma tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc., sobre a súa produción literaria en galego. Cada marcador deberá ter dúas caras, con medidas de 18 × 5 cm, en formato PNG e resolución 300dpi. Cada participante poderá presnetar un só traballo.

A presentación dos traballos realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo edlg@iessanclemente.net

Requisitos
Poderá participar o alumnado dos institutos que estean interesados.

Dotación
Primeiro premio: un vale por valor de 100 € para cambiar por material informático, de papelería ou libros.
Segundo premio: un vale por valor de 75 € para cambiar por material informático, de papelería ou libros.
Terceiro premio: un vale por valor de 50 € para cambiar por material informático, de papelería ou libros.

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 29 de abril de 2024.

Máis información
https://www.iessanclemente.net