Concurso de microrrelatos audiovisuais Micromuseo

26 Mar 2024

A Deputación de Pontevedra convoca o concurso de microrrelatos audiovisuais Concurso Micromuseo, posto en marcha con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, datado para o 18 de maio de 2024 e cuxo lema é Museos pola educación e a investigación.

Poderán optar a estes premios os centros escolares de educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e as categorías nas que poden participar son:
a) 1ª categoría: estudantes de 5º e 6º de educación primaria.
b) 2ª categoría: estudantes da ESO de 12 a 15 anos.
c) 3ª categoría: estudantes de bacharelato ou de ciclos formativos.

Participarase cun grupo de entre 2 a 5 estudantes e unha ou un representante do centro escolar (Dirección, Xefatura de Estudos, titora ou titor ou docente).

O centro escolar debe estar situado nalgún concello da provincia de Pontevedra.

O concurso consistirá na presentación dun microrrelato en formato audiovisual, o cal non deberá superar os 60 segundos.

Para realizar este audiovisual, tomaranse como eixes temáticos ou argumentais os distintos edificios que compoñen o Museo de Pontevedra ou calquera peza exposta nos edificios Castelao ou Sarmiento ou nas Ruínas de San Domingos, actualmente abertos ao público.

Os traballos presentados deberán realizarse en lingua galega e ser orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos similares.

Premios
1ª categoría
1º premio: mil (1.000,00) euros para o centro escolar, tabletas para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2º premio: libros electrónicos para cada estudante do grupo e un lote libros do museo.
2ª categoría

3ª categoría

O prazo de participación no concurso estará aberto ata o 31 de maio de 2024.

Máis información no BOP de Pontevedra do 26 de marzo de 2024