Novas e actividades (1320)

portodoson20aniversarioA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colaborou coa  OMIX e o  departamento de Orientación do IES Porto do Son, co motivo do “20  Aniversario” do Instituto, ofrecendo información sobre recursos e programas dirixidos á mocidade.
Estanse a celebrar actividades entre o 17 e o 24 de xuño para celebrar o 20º aniversario do Instituto.  O departamento de Orientación montou ademais un stand no Club náutico da localidad co motivo desa celebración. Nesta mostra  plásmase tamén o traballo das alumnas de Correspondentes xuvenís do Centro.

lecturaGústache ler? Poñemos a túa disposición unha listaxe de libros recomendados polo alumnado que participou durante este curso no programa Correspondentes Xuvenís 3.0

Libros recomendados polo alumnado Correspondente Xuvenil

diariodeveranoO 27 de agosto podes vera a actuación de Diariodeverano e Fripp & Kitte, gañadores de Xuventude Crea na Cidade da Cultura

Volve á Cidade da Cultura o ciclo Atardecer no Gaiás, co mellor do indie, pop, rock, electrónica e música clásica do momento. Como xa vén sendo habitual, Atardecer no Gaiás terá lugar todos os xoves, venres e sábados desde o 7 de xullo ata o 27 de agosto ás 21h na praza central.

McEnroe, Novedades Carmiña, Alondra Bentley, Marc Jonson, Os amigos dos músicos, Mucho, The Soul Jacket ou Orquestra de Cámara Galega serán algúns dos protagonistas das 18 actuacións en pequeno formato coas que gozar ao caer o sol.

E como novidade para este 2016, Atardecer no Gaiás amplía formato! Como? Con catro sesións de proxeccións audiovisuais en pantalla xigante precedidas dunha sesión DJ temática. Aquí van os títulos: Taking Woodstock, The Commitments, Sigur Ros - Heima e unha sorpresa final homenaxe a David Bowie.


 

XULLO
7 Xullo  McEnroe
8 Xullo  Novedades Carminha
9 Xullo Alondra Bentley
14 Xullo DJ Bigote Mix + Taking Woostock
15 Xullo Bifannah
16 Xullo Selvática
21 Xullo Marc Jonson con Ramírez Exposure e Skylar Gudasz
22 Xullo Papaya
23 Xullo Orquestra de Cámara Galega
28 Xullo Os Amigos dos Músicos
29 Xullo Dj Pablo Electrocute + The Commitments
30 Xullo La Familia del Árbol

AGOSTO
4 Agosto Chancha Via Circuito
5 Agosto Noiserv
6 Agosto DJ Bigote Mix + Sigur Rós - Heima
11 Agosto Cuerpo Astral
12 Agosto Mucho
13 Agosto Orquestra de Cámara Galega
18 Agosto The Limboos
25 Agosto DJ Bigote Mix + Sesión de cine: Homenaxe a David Bowie
26 Agosto Diola + Kill Kill!
27 Agosto The Soul Jacket + Xuventude Crea (Diariodeverano e Fripp & Kitte)

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/atardecer-no-gaias-2016

creacionjoveninjuveO Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2017 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración, a través das seguintes liñas de actuación:

Produción de obra, con liberdade de formato e técnica (18 a 30 anos), ata 6.000 €.
Mobilidade de obra producida e/ou mobilidade de creadores en espazos especializados, xiras ou residencia (non estudos regrados) en ámbito nacional e internacional (18 a 30 anos), ata 6.000 €.
Emprendemento en espazos emerxentes de creación nova, acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, en ámbito nacional ou internacional (18 a 35 anos), ata 10.000 €.
Sala Amadís do Instituto da Mocidade: comisariado de exposicións, talleres ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en grupo ou colectivo (18 a 35 anos), ata 10.000 €.

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que teñan entre 18 e 30 ó 35 anos de idade, segundo sexa o obxecto da axuda. Cando se trate de proxectos nos que participen máis dunha persoa, o requisito de idade esixirase a todos os compoñentes. No caso de grupos musicais e compañías de artes escénicas, o requisito de idade esixirase tanto á dirección artística como ao cadro de interpretación artística.

Contía:
A contía individualizada das axudas non poderá superar o importe de 6.000 € nos supostos a) e b) e de 10.000 € nos supostos c) e d), e deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xullo de 2016
Máis información no BOE do 18 de xuño de 2016 e en http://www.injuve.es/

alumnadoiessaturninomontojoO albergue de Gandarío acolleu esta fin de semana un encontro de participantes no programa Correspondentes Xuvenís 3.0. Participaron 88 mozos e mozas de 22 centros educativos, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos.
Foi un encontro no que se combinaron aspectos lúdicos con formativos. Algún/ha dos participantes animouse a contar a súa experiencia como correspondente durante este curso, na foto aparece o alumnado de IES Saturnino Montojo de Ferrol.
Os participantes realizaron dinámicas de grupo para coñecer as valoracións que fan os distintos “correspondentes” da súa acción voluntaria como “antenas” de información xuvenil dos seus respectivos centros educativos. Así mesmo, os mozos e mozas participaron en actividades de multiaventura e de mar.

alumnadoiessaturninomontojoO albergue de Gandarío acolleu esta fin de semana un encontro de participantes no programa Correspondentes Xuvenís 3.0. Participaron 88 mozos e mozas de 22 centros educativos, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos.
Foi un encontro no que se combinaron aspectos lúdicos con formativos. Algún/ha dos participantes animouse a contar a súa experiencia como correspondente durante este curso, na foto aparece o alumnado de IES Saturnino Montojo de Ferrol.
Os participantes realizaron dinámicas de grupo para coñecer as valoracións que fan os distintos “correspondentes” da súa acción voluntaria como “antenas” de información xuvenil dos seus respectivos centros educativos. Así mesmo, os mozos e mozas participaron en actividades de multiaventura e de mar.

 

concurso_camisetaSegues as publicacións da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nas redes sociais? Coñeces as súas actividades? Canto sabes sobre os recursos para a mocidade que ten á túa disposición?

A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, volve a poñer en marcha un concurso nas súas redes sociais que se desenvolverá dende o 20 e 30 de xuño de 2016 para os efectos de agasallar aos seus seguidores.

PROCEDEMENTO DO CONCURSO

Metodoloxía.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado durante os días 20 a 30 de xuño de 2016 publicará, de xeito aleatorio nas redes sociais Facebook e Twitter, 1 ou 2 preguntas relacionadas cos seus programas e actividades.

As preguntas serán formuladas e publicadas a calquera hora do día comprendida entre as 09:00 e as 20:00 horas de luns a venres entre 20 e 30 de xuño.

O primeiro usuario ou usuaria que responda correctamente e que comparta cos seus contactos dita publicación será o gañador dunha camiseta da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Para a obtención do agasallo obrigatoriamente deberán darse as dúas condicións: resposta correcta e que a publicación fose compartida.

Un único premio por persoa. Este concurso prevé a entrega dun único premio por persoa.

A camiseta pode ser de cor roxo, azul ou negro. A cor da camiseta estará en función da dispoñibilidade de tallas solicitadas polos/as mozos/as gañadores/as.

Procedemento de entrega da camiseta.- Tras comprobar que a resposta é axeitada, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porase en contacto co/a gañador/a a través dunha mensaxe privada pola rede social na que se formulou a pregunta, solicitando os seus datos persoais para facerlle chegar o agasallo: nome, apelidos, talla de camiseta e enderezo postal de envío da camiseta.

No caso de que o/a gañador/a ou gañadora non facilite estes datos ou sexan incompletos, perderá o seu dereito ao agasallo. Estes datos persoais en ningún caso serán publicados.

Se o primeiro/a premiado perde o seu dereito ao agasallo, ou renuncia, procederase a adxudicar o premio ao seguinte usuario/a que respondera correctamente.

TEMAS

A temática das preguntas será variada, podendo abranguer calquera das actividades, programas e iniciativas realizadas dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, recollidas nos portais http://.xuventude. xunta.es , www.voluntariadogalego.org, e nos perfís nas redes sociais Facebook (https://www.facebook.com/xuventude.net) e Twitter (@xuventude).

PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polos/as participantes nesta actividade serán susceptibles de tratamento estritamente confidencial, con finalidades técnicas, nun ficheiro no que o seu responsable será a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, autorizando a todos e cada un dos participantes para facer uso dos seus datos persoais para o fin correspondente.

Os/as participantes poderán acceder a este ficheiro en calquera momento e exercer os seus dereitos de modificación, rectificación e/ou cancelación dos mesmos, coa simple comunicación por escrito á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

image3344Resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de admitidos/as nas diferentes residencias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Relación provisional de admitidos na Residencia Altamar de Vigo

Relación provisional de admitidos na Residencia Lug de Lugo

Relación provisional de admitidos na Residencia Florentino Cuevillas de Ourense

mobilidadeeeSi queres estudar noutra comunidade autónoma, aquí podes ver os prazos de inscrición das diferentes universidades:

Datas de inscripción das Universidades Públicas nas distintas Comunidades Autónomas

celgaA Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 16 de xullo de 2016.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED104B

Oferta de cursos: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160616/AnuncioG0164-080616-0004_gl.pdf#page=10

Máis información no DOG do 16 de xuño de 2016 e en http://www.lingua.gal