Axudas Injuve para a Creación Nova 2016

21 Xun 2016

creacionjoveninjuveO Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2017 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración, a través das seguintes liñas de actuación:

Produción de obra, con liberdade de formato e técnica (18 a 30 anos), ata 6.000 €.
Mobilidade de obra producida e/ou mobilidade de creadores en espazos especializados, xiras ou residencia (non estudos regrados) en ámbito nacional e internacional (18 a 30 anos), ata 6.000 €.
Emprendemento en espazos emerxentes de creación nova, acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, en ámbito nacional ou internacional (18 a 35 anos), ata 10.000 €.
Sala Amadís do Instituto da Mocidade: comisariado de exposicións, talleres ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en grupo ou colectivo (18 a 35 anos), ata 10.000 €.

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que teñan entre 18 e 30 ó 35 anos de idade, segundo sexa o obxecto da axuda. Cando se trate de proxectos nos que participen máis dunha persoa, o requisito de idade esixirase a todos os compoñentes. No caso de grupos musicais e compañías de artes escénicas, o requisito de idade esixirase tanto á dirección artística como ao cadro de interpretación artística.

Contía:
A contía individualizada das axudas non poderá superar o importe de 6.000 € nos supostos a) e b) e de 10.000 € nos supostos c) e d), e deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xullo de 2016
Máis información no BOE do 18 de xuño de 2016 e en http://www.injuve.es/