III Encontro de Correspondentes Xuvenís no Albergue de Gandarío

20 Xun 2016

alumnadoiessaturninomontojoO albergue de Gandarío acolleu esta fin de semana un encontro de participantes no programa Correspondentes Xuvenís 3.0. Participaron 88 mozos e mozas de 22 centros educativos, con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos.
Foi un encontro no que se combinaron aspectos lúdicos con formativos. Algún/ha dos participantes animouse a contar a súa experiencia como correspondente durante este curso, na foto aparece o alumnado de IES Saturnino Montojo de Ferrol.
Os participantes realizaron dinámicas de grupo para coñecer as valoracións que fan os distintos “correspondentes” da súa acción voluntaria como “antenas” de información xuvenil dos seus respectivos centros educativos. Así mesmo, os mozos e mozas participaron en actividades de multiaventura e de mar.