Queres estudar artes plásticas e deseño no curso 2016-2017?

13 Xun 2016

deseoooA Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016-2017.

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.

Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de graduado en educación secundaria, deberán ter cumpridos os dezasete anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.

Requisitos:
a) Dispor do título de bacharel e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de bacharel, deberán ter cumpridos os dezanove anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.
c) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezanove anos, ou os dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superiores das ensinanzas de artes plásticas e deseño, quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en Belas Artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.

Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:
Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

Prazo:
A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
20 de xuño para os ciclos de grao superior
26 de xullo para os ciclos de grao medio

Desenvolvemento das probas.
a) Probas de acceso ao grao medio:
Proba de madureza: 6 de setembro.
Proba específica: 9 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 27 de xuño.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 7 de xullo.

Contidos das probas: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/18/probas_artes_plasticas_150312.pdf

Oferta educativa en Artes plásticas e deseño: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_artes_plasticas_260216.pdf

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ cos procedemento ED511E e ED511D
Máis información no DOG 13 de xuño de 2016 e en http://www.edu.xunta.es