Xa podes inscribirte no campo de voluntariado arqueolóxico “Castro de Viladonga”

04 Xul 2023

Está aberto o prazo de inscrición no campo de voluntariado “Castro de Viladonga”, que se vai desenvolver do 8 ao 19 de setembro.

Este campo de voluntariado vai permitir a convivencia e o intercambio de experiencias entre participantes galegos e mozos e mozas da Galicia exterior, descendentes de emigrantes galegos, que participarán conxuntamente en actividades de voluntariado vinculadas co patrimonio cultural galego, ademais de gozar dun programa de actividades de tempo libre.

As actividades de voluntariado están vinculadas co xacemento arqueolóxico do Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei.

Máis información:

Campos de voluntariado en Galicia