Cursos gratuítos en competencias dixitais para mulleres en Boiro

22 Nov 2022

A Casa da Cultura de Boiro acolle este xoves 24 de novembro ás 10.30 horas a xornada de presentación de Muller Dixital, programa formativo con cursos gratuítos en competencias dixitais para mulleres.

O programa achegará capacitación en competencias dixitais básicas ao longo de 40 horas de actividade formativa. Permitirá aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas base.

Tamén vai incluír formación en competencias dixitais avanzadas que posibiliten o aproveitamento da riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais; e tamén formación en iniciación en competencias dixitais para o emprendemento, co que se busca a adquisición das habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

Máis información sobre o programa e inscricións na web de mullerdixital.gal, no teléfono 621 180 896 e en promotor@mullerdixital.gal.