Outros cursos (153)

Seminario 'Cruzando camiños na oncoloxía. Cancro animal e humano dende a perspectiva One Health'

A catedrática de Anatomía Patolóxica Veterinaria Laura Peña Fernández, considerada unha das maiores expertas internacionais en cancro de mama nas especies canina e felina, imparte o vindeiro  7 de maio, a partir das 18.00 horas, no centro universitario lugués, o seminario ‘Camiños na oncoloxía. Cancro animal e humano desde a perspectiva One Health'.

Esta acción coordinada pola profesora Maribel Quiroga e incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra, está orientada á participación de alumnado de grao e mestrado.

A inscrición xa está aberta en liña.

A celebración deste seminario encádrase no marco do proxecto de aprendizaxe e servizo ‘OncoVet-Sapiens: descubrindo a oncoloxía veterinaria en YouTube’, que pretende “democratizar” a información e facela accesible e comprensible para estudantes, titores de animais, investigadores, profesionais veterinarios e público xeral, a través dunha canle aberta de Youtube.

O seminario, aberto ao público interesado e para o que se ofrecen 80 prazas, busca destacar a importancia da oncoloxía veterinaria en medicina animal e humana, ao tempo que trata de dar a coñecer a canle de YouTube xa activa.

Máis información:
www.usc.gal

Curso sobre detección de patóxenos de orixe alimentaria
 
A Facultade de Ciencias da USC acolle o 3 de xuño a celebración do curso ‘Detección de patóxenos de orixe alimentaria. Trasladando o laboratorio ao campo’, unha proposta formativa coordinada por Alexandre Lamas e impartida por Alejandro Garrido que está incluída no Plan Formativo 2024 do Campus Terra da USC. 
 
As persoas interesadas en participar neste curso, orientado a estudantado universitario e tamén a profesionais e axentes do sector produtivo, poden formalizar xa a súa inscrición en liña.
 
O programa do curso, que se desenvolverá en quenda de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, pretende facilitar a transferencia ao sector produtivo de técnicas de microbioloxía dependentes de cultivo e de bioloxía molecular empregadas de rutina nos laboratorios de seguridade alimentaria, ademais de abordar aplicacións prácticas en situación reais.
 
A temática do programa afondará sobre métodos de microbioloxía dependente de cultivo para a detección de patóxenos na cadea alimentaria e tamén tratará as técnicas moleculares como alternativa máis rápida aos métodos de microbioloxía dependentes de cultivo. 
 
Daquela, no curso explicarase de forma teórica e práctica o emprego de técnicas isotérmicas como a amplificación isotérmica mediada por bucle (LAMP, por as súas siglas en inglés). 
 
Asemade, tamén se demostrará de forma práctica como estas técnicas poden ser aplicadas na propia industria alimentaria sen necesidade de contar con laboratorios dedicados e con equipamento custoso.
 
Máis información:
 

Semana da Creatividade 2024. 'Linguaxe e creatividade'

A Facultade de Belas Artes acolle Linguaxe e creatividade, unha actividade enmarcada na Semana da Creatividade 2024, un programa centrado nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.

Esta iniciativa combina dúas conferencias abertas ao público con dous obradoiros, con inscrición previa.

A actividade arranca co relatorio De Tolkien ao Klingon: a aventura de inventar linguas, a cargo do profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Carlos Valcárcel, e complétase coa conferencia Graffiti Writing, do artista e investigador da Facultade de Belas Artes Alberto Santos.

Data de celebración: 24 de abril ás 16:00

Dirixido a: Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza: Campus Crea

Lugar:
Facultade de Belas Artes
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra

Máis información:
www.uvigo.gal

A Xunta de Galicia, xunto co Servizo Público de Emprego Estatal convocan os seguintes  cursos 100% subvencionados para os profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinados a mellorar as súa competencias e desenvolvemento profesional.
 
Os cursos se imparten en modalidade 100% en liña, sen horarios e a través dun campus virtual que estará dispoñible as 24 horas: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
- 6 Sigma. Ferramentas de seguridade, eficiencia y productividade (70 horas)
- Análises de custos para a toma de decisións (66 horas)
- Avaliación do impacto ambiental (130 horas)
- Cociña creativa e de autor (85 horas)
- Competencias dixitáis básicas (70 horas)
- Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente (110 horas)
- Habilidades comerciais (70 horas)
- Negocios en liña e comercio electrónico (90 horas)
- Planificación e xestión do tempo (70 horas)
- Posicionamento en buscadores (55 horas)
- Posicionamento na web para o emprendemento (100 horas)
- Programa avanzado en agile project management. Scrum (160 horas)
- Redes sociais e márketing 2.0 (70 horas)
- Xestión da seguridade informática na empresa (110 horas)
- Xestión de comunidades virtuais (110 horas)
- Xestión loxística (160 horas)
 
A inscrición para estes cursos pode realizarse desde a seguinte páxina web: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
Máis información:
Teléfono gratuíto:900100957
Correo electrónico: atencionalumno@femxa.com 

Programa formativo `Muller, a Cooperativa é para Ti´

A Unión de Cooperativas EspazoCoop impulsa o programa formativo "Muller, A Cooperativa é para Ti", consta de cursos de teleformación, gratuítos, para mulleres, que se imparten na Aula Virtual de EspazoCoop.

-Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
25 h. Teleformación. Do 25 de abril ao 12 de abril de 2024

-Desenvolvendo a idea cooperativa
25 h. Teleformación. Do 13 ao 29 de maio de 2024

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

Son empresas de base democrática, asemblearia, e participativa, na que se poden dar xeitos para a conciliación persoal, e exercer a cogobernanza xunto a máis persoas e socias.

Información e inscricións:
https://espazo.coop/rede-eusumo/programa-muller-a-cooperativa-e-para-ti 

Formulario de inscrición

Obradoiro de Percusión Tradicional e utilidades educativas no Campus de Lugo.

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC organiza un obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril, en quenda de 10.00 a 12.00 horas, así como os días 6 e 13 de maio, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

A musicoterapeuta, e educadora en igualdade Ana Fernández será a encargada de impartir as sesión presenciais deste obradoiro na Aula de Música de Formación do Profesorado.

A inscrición nesta activade socioeducativa é libre  pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 19 de abril través do formulario dispoñible en liña. As prazas son limitadas.

O obradoiro de percusión tradicional é unha actividade gratuíta aberta á participación de toda a comunidade universitaria da USC.

Estruturado en oito horas, as persoas inscritas poderán abordar da man de Ana Fernández os principais patróns rítmicos típicos da música tradicional galega, xa a través da utilización de instrumentos propios da nosa cultura musical (pandeiretas, pandeiros, tarrañolas…) xa con elementos cotiás (culleres, latas grandes, conchas de vieira, botella de anís...), desde unha perspectiva educativa e de xénero.

Esta actividade servirá asemade para poñer en valor a presenza feminina na tradición musical popular galega e tamén as posibilidades que esta tradición posúe para o ámbito da educación.

Máis información:
www.usc.gal

Itinerario de Emprendemento Xuvenil. EN LIÑA Directo.
Taller “Atopa o match perfecto na túa marca e na túa audiencia”

Para persoas mozas de Garantía Xuvenil.

Información e inscricións: ilopez@accioncontraelhambre.org

Teléfono 616 884 394 #FSE+, #PEJ @Acontraelhambre

Data do taller: 24 de abril 2024 - 10h a 13h

https://www.accioncontraelhambre.org/es/somosgeneracionin 

A violencia sexual e xénero centra un ciclo de conferencias que terá lugar os días 18 e 30 de abril e o 2 de maio na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

Nelas abordaranse temas como este fenómenos na adolescencia ou os instrumentos para a súa avaliación.

Datas e horario:

Xoves 18 de abril de 2024. De 11.30 a 13.45 h

Martes 30 de abril de 2024. De 16.00 a 16.45 h

Xoves 2 de maio de 2024. De 10.00 a 10.45 h

Dirixido a:Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Lugar:
Na sala Emilia Pardo Bazán
Edificio de Ferro
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Máis información:
www.uvigo.gal 

A xornalista dos Servizos Informativos de RTVE Montserrat Rigall, experta en xornalismo móbil (mobile journalism –MoJo–, en inglés), e especialista en intelixencia artificial, impartirá un curso na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Nestas xornadas afondará na creación de noticias con dispositivos móbiles e en diferentes ferramentas e aplicacións para optimizar e posibilitar esta nova práctica profesional.

A iniciativa, organizada pola Cátedra RTVE-USC, o proxecto Valcomm, o grupo Novos Medios, o grupo de innovación docente IDESVIR e a Cátedra CIRCOM, será gratuíta para as 20 persoas participantes, que recibirán un certificado de participación. As persoas candidatas deberán ser graduadas en xornalismo e serán seleccionadas por orde de inscrición. Así mesmo, deberán acudir ás sesións con smartphones con cámara integrada e conexión a Internet. Con todo, as persoas asistentes poderán empregar libremente calquera ferramenta que mellore a calidade da gravación, como trípodes, estabilizadores de imaxe ou micrófonos de solapa adaptados a móbiles.

https://novosmedios.gal/2024/04/08/montserrat-rigall-curso-mobile-journalism/ 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca en Cervo e en Baiona un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.

Requisitos:
- Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
- Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As persoas admitidas nos cursos deberán superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados, e cuxo contido se poderá consultar na ficha específica do curso da páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal, na pestana Formación.

Lugar: Cervo
Datas: do 13 de maio ao 13 de xuño de 2024
Proba específica: 3 de maio ás 18:00 h.
Prazas: 27

Lugar: Baiona
Datas: do 3 de maio ao 15 de xuño de 2024
Proba específica: 3 de maio ás 16:00 h.
Prazas: 27

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de abril de 2024
Máis información no DOG do 17 de abril de 2024 e en http://agasp.xunta.gal