Publicación do esgotamento de crédito das axudas para o permiso de conducir da convocatoria do ano 2021.

14 Out 2022

No DOG n.º 196, deste venres, 14 de outubro de 2022, publícase a RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0657-061022-0003_gl.html