Novas e actividades (1311)

bolsasNo apartado de Ensino e Formación  da nosa web podes consultar as bolsas convocadas pola Xunta de Galicia durante o derradeiro ano:

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/BOLSASENSINO/BECAS_XUNTA_GALICIA.pdf

xuventude_crea_concurso_d_deseo_carteis_2016A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2016, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.

PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.

TEMA
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2016” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e  videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.

CONDICIÓNS
Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas (2) obras orixinais, inéditas e en galego.
A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
O cartel gañador será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2016 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización.

DOCUMENTACIÓN
As obras presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 cm, montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación, e deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado considere oportunas. En ningún caso poden levar nin o nome nin a sinatura.
Os/as artistas poderán confeccionar as súas obras con liberdade de procedemento e cor.
Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos:
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
- Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado. Este lema ou pseudónimo aparecerá, en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
- Dentro do sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, ficha explicativa e CD da obra e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito.
Se se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión das obras rematará o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela

Igualmente admitirase a entrega da documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.
Calquera información sobre o concurso ou solicitude de presentación a este, pode obterse mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702 e 981 545 937.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
Unha vez recibidas as propostas e pechado o prazo de admisión, procederase á súa  valoración por un xurado responsable de resolver o concurso.

XURADO
A composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es
O fallo difundirase mediante unha nota na citada web e por teléfono a partir do día seguinte do fallo do concurso.

PREMIO
O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas.
A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.

FALLO
Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados.
O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este.

DEVOLUCIÓNS
Para a devolución das obras non premiadas existirán dous procedementos para ser retiradas:
1.persoalmente polo seu autor/es/as ou
2.mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
As obras non premiadas que non foran retiradas polas persoas interesadas no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.

Máis información en: roteiros.ctb@xunta.es
 
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A Presidencia do Consello Superior de Deportes convoca unha bolsa para a formación teórica e práctica de posgrao nas actividades que se realizan na Subdirección Xeral de Deporte Profesional e Control Financeiro.

Requisitos de Titulación: Licenciados/Graduados en Economía, ou Ciencias Empresariais, ou Licenciados/Graduados en Administración e Dirección de empresas, con coñecementos de contabilidad e análises de balances para a realización do estudo e seguimiento da situación económico-financeira dos clubs que integran o Deporte Profesional. A data de finalización dos estudos solicitados, non poderá ser anterior ao curso académico 2010/2011.

O prazo de presentación de instancias iniciarase o día seguinte ao da publicación desta Resolución no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará transcorridos vinte días naturais.

Máis información no BOE nº 304, de 21 de decembro de 2015: Resolución de 10 de decembro de 2015, da Presidencia do Consello Superior de Deportes.

O Instituto de Turismo de España publica unha convocatoria de bolsas en réxime de concorrencia competitiva para a súa concesión a persoas físicas con nacionalidade de algún dos Estados membros da Unión Europea, a fin de realizar un Máster de Turismo Internacional, prácticas profesionais na rede de Consellerías de Turismo no exterior dependentes de Turespaña, así como en empresas e institucións, dentro e fóra de España.

 

Titulación. Estar en posesión dos títulos universitarios de Graduado, Licenciado, Máster, Arquitecto ou Enxeñeiro, de Técnico ou Diplomado en Empresas e actividades Turísticas, Diplomados en Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Pública, e títulos en Formación Profesional de grao superior en Hostalaría ou Turismo, sempre que se cursaran os estudos e superado as probas para a obtención do correspondente título nos seis anos anteriores ao da convocatoria das bolsas.

 

Cualificacións. Os Graduados Oficiais, Licenciados, Máster, Arquitectos ou Enxeñeiros deben ter unha nota media igual ou superior a seis; e unha nota media igual ou superior a sete se require para los Técnicos o Diplomados en Empresas e Actividades Turísticas, os Diplomados en Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Pública e os titulados en Formación Profesional de grao superior en Hostalaría ou Turismo.

 

Idiomas. Acreditar, mediante certificación de institución académica oficial, posuír coñecemento do idioma inglés e, optativamente, doutros idiomas que sexan linguas de traballo nas Consellería de Turismo no estranxeiro, o nivel mínimo será o B2 do MCERL.

 

A presentación das solicitudes, dirixidas á Presidencia do Instituto de Turismo de España, poderán realizarse dentro do prazo máximo de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución. Máis información no BOE nº 303, de 19 de decembro de 2015:  «Boletín Oficial del Estado».

 

IMG_4568O pasado mes de novembro entregáronse os diplomas aos alumnos que veñen de superar o Curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A entrega realizouse en cada unha das cidades onde se celebrou: Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo e Vigo. O curso impartido polo equipo da Rede Galega de Dinamización Xuvenil durante os meses de febreiro e marzo, tivo unha duración de 50 horas, 40 delas de contidos teóricos e 10 de actividades prácticas.

O obxectivo do curso foi o de dotar aos participantes de ferramentas para a mellora de competencias na planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil. Para o cal o curso contiña 5 módulos:

1. Introdución á estrutura, deseño e xestión de proxectos de participación.

2. Deseño e elaboración dun proxecto de participación xuvenil. (I)

3. Deseño e elaboración dun proxecto de participación xuvenil. (II)

4. Execución, avaliación e xustificación de proxectos de participación xuvenil.

5. Formación en aptitudes e habilidades transversais.

 

Durante o período de inscripción do curso, foron máis de 300 os interesados na súa realización, polo que houbo que levar a cabo unha versión intensiva do mesmo durante unha fin de semana.