Inicio Ensino e bolsas
Ensino e bolsas PDF Imprimir

Bolsas


Consulta o boletin semanal de bolsas

Educación non universitaria


Cales son as alternativas á educación universitaria? Qué itinerario de bacharelato escoller?


Educación Universitaria


Se queres acceder á universidade e tes dúbidas acerca da carreira que queres escoller, ou non sabes en qué consisten as probas de acceso, infórmate neste apartado das tres Universidades galegas e das titulacións dispoñibles.


Programas Mobilidade


Se eres estudante, ou estás recén titulado, ofrecémosche unha serie de bolsas de mobilidade para que te continúes formando no estranxeiro.


Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado


Á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado correspóndelle, entre as súas funcións, a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

 

Programa de cursos de idiomas no extranxeiro


cursosidiomas2011O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.

Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.

Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.

Nos pdfs que hay a continuación, detállanse as características de cada curso e descripcións das localidades onde se desenvolven, para que os xóvenes interesados poidan adquirir unha primeira información que lles permita desenvolverse en un ambiente internacional multicultural.

Información e solicitudes: 981 544 851

Convocatorias anteriores

Aquí poderás encontrar a información sobre os programas de anos anteriores

 

 

Ir atrás    Ir arriba