Voluntariado en Turín, Italia

22 Nov 2022

O Corpo Europeo de Solidariedade organiza actividades de voluntariado en Turín, Italia, coordinadas pola asociación Stranaidea

Stranaidea ofrece servizos a diferentes tipos de usuarios necesitados,  e estase a buscar voluntarios/as para unha das seguintes áreas:

– DISCAPACIDADE: nenos, adolescentes e adultos en centros diarios realizando talleres artísticos, deportivos, musicais, actividades ao aire libre...
– MENORES: con nenos de 1 a 3 anos en gardería e con adolescentes e nenos con desvantaxe social e problemas mentais.
– SEN FOGAR e ADULTOS EN DIFICULTADE: actividades diarias cun pequeno grupo de persoas como xardinería, cociña, pintura...
– REFUXIADOS: ofrecense servizos para apoiar as súas necesidades básicas.
– TEATRO SOCIAL E COMUNITARIO: con persoas discapacitadas dentro e fóra de Stranaidea e con grupos comunitarios locais.

A duración do proxecto é de entre 3 ata 6 meses, iniciándose en marzo de 2023 e finalizando en febreiro de 2024

O proxecto ofrece

- Viaxe a Turín e regreso ao final do proxecto
- Asignación de comida
- Tarxeta mensual de transporte público para moverse en Turín
- Asignación mensual
- Seguro médico
- Curso de italiano

Os 9 voluntarios viven nun piso grande en Turín con 4 cuartos dobres e 1 individual, cociña, salón, tres baños e terraza.

 

Máis información

Páxina web

elena.koroglanoglou@snj.lu

+352 247-86439