Novas e actividades (1308)

Ismael Ramos Castelo, premiado en Xuventude Crea 2020 na modalidade de Poesía, foi galardoado co Premio Nacional de Poesía Nova "Miguel Hernández", correspondente ao ano 2022, pola súa obra "Lixeiro", (Editorial: Xerais, en galego), "Ligero", (Editorial La Bella Varsovia en castelán), a proposta do xurado.

O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.

O xurado destacou a súa obra "pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia".

Ademais, o xurado sinalou que como "bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece una proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma una sorte de épica vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro".

Ismael Ramos foi premiado en Xuventude Crea 2020 na modalidade de Poesía

Podes encontrar as súas obras na Rede de Bibliotecas de Galicia ou podes compralas en moitas librarias de Galicia usando o teu Carné Xove para obter un desconto.

Volve a Festa do Cinema!

Os días luns 3, martes 4, mércores 5 e xoves 6 de outubro entradas a 3,50 €. Consigue a túa acreditación e goza das películas que estean na carteleira dos cinemas adheridos.

PREZO

Cada entrada adquirida no despacho de billetes ten un prezo de 3,50 €. A compra de entradas por internet ou nos caixeiros dos cinemas estará suxeita ás condicións de cada plataforma, podendo levar suplementos. As proxeccións en 3D, eventos, proxeccións e salas especiais e butacas VIP están suxeitas ás condicións de entrada de cada local, podendo levar suplementos.

REQUISITOS

Para participar na Festa do Cinema é necesario solicitar a acreditación na web enchendo o formulario de rexistro habilitado na sección "Consigue a túa acreditación". Unha vez rexistrada correctamente, a persoa recibirá a acreditación no enderezo electrónico que facilitase no formulario. Deberá imprimila ou mostrala co móbil e presentala no cinema á hora de comprar a entrada xunto co seu DNI.

Os menores de 14 e os maiores de 60 anos non necesitan acreditación, tan só terán que amosar o DNI no despacho de billetes do cinema para comprobar a súa idade.

Promoción válida nos cinemas adheridos á mesma.

Non acumulable a outras ofertas.

Necesaria presentación de DNI e acreditación no despacho de billetes ou punto de control de acceso ao cinema.

Máximo unha entrada por acreditación, persoa e sesión.


www.fiestadelcine.com

Aberto o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.

Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. As mellores propostas son as que facemos realidade xuntas/os así que, participa!

Nocturnia é un programa de ocio saudable para xente moza, de 12 a 30 anos, así que as propostas e achegas deben adaptarse ao público xuvenil.

Ao presentar unha proposta, esta debe levar os datos que se relacionan a continuación:

DATOS DE CONTACTO

Nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, correo electrónico
Indicar se quen presenta é:
Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
Colectivo non formal
Empresa/autónomo
Presentación persoal ou da entidade (breve biografía e motivación para presentar propostas)

IDEAS OU PROPOSTAS

Título e breve descrición da proposta
Obxectivos da proposta
Duración da actividade/nº horas. As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única
Número máximo de persoas destinatarias
Necesidades técnicas e recursos materiais
Outras consideracións a ter en conta

ORZAMENTO DETALLADO

Datos completos de quen factura
Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta IVA e ou IRPF

 

Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com do 23/09/2022 ao 03/10/2022

Cartaz informativo.

WEB: https://www.coruna.gal/nocturnia

Facebook: https://www.facebook.com/nocturniacoruna

Twitter: https://twitter.com/nocturniacoruna

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou o talento da mocidade galega durante a mesa redonda ‘O talento: demanda, evolución e formación' organizada por Galicia Biodays na cidade da Coruña na que participou como moderadora. Neste encontro, participaron profesionais que traballan na captación de talento así como unha das titoras que participan no programa Xuventude Mentoring da Xunta de Galicia.


A directora xeral explicou que este programa permite a formación e mentorización de mozos e mozas para fomentar a súa empregabilidade.

O Goberno galego inviste 500.000 euros nesta iniciativa, cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, que este ano abriu 250 prazas para mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que acaban de finalizar os seus estudos para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao comprado laboral.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren as súas portas para recibir aos grupos escolares cunha oferta de exposicións, obradoiros e proxeccións que permitirán ao alumnado complementar os contidos curriculares.

No Aquarium Finisterrae a principal novidade é a oferta de itinerarios temáticos, como o titulado «Reproducirse baixo o mar», para coñecer os variados procesos de reprodución que empregan as especies mariñas, o itinerario «Planeta océano», no que se abordan diferentes cuestións oceanográficas (salinidade, mareas, correntes), efemérides históricas e a diversidade biolóxica na sala Maremagnum, ou o itinerario «Sinais de alarma», sobre algúns dos cambios ambientais que están a sufrir os océanos e que ameazan a súa biodiversidade.

Na Domus, os grupos escolares poderán coñecer o recentemente renovado vídeo do parto, coas imaxes de dous nacementos que amosan un proceso biolóxico polo que pasamos todos os seres humanos e que ten lugar case 400.000 veces cada día en todo o planeta. A visita polas salas de experiencias interactivas pódese complementar con sesións de cinema e con actividades e obradoiros no Laboratorio Aberto e na sala maker@domus. Experimentar coa técnica da PCR, a disección de flores, explorar diferentes aspectos da nutrición ou construír unha variedade de mecanismos e artefactos tecnolóxicos utilizando materiais sinxelos e moita imaxinación son algunhas das súas propostas.

Na Casa das Ciencias, unha das principais novidades será a renovada incubadora de pitos, cun deseño que permitirá contemplar mellor o proceso de eclosión do ovo e o nacemento de pitos de galiña. Ademais, a oferta escolar para este curso ofrece un abano de programas de Planetario para os diferentes niveis educativos, incluíndo sesións en directo sobre o ceo que se pode contemplar na época da visita.

https://www.coruna.gal/mc2/gl/visitas-escolares 

O proxecto de talento musical feminino Descúbreas, impulsado pola Deputación de Pontevedra publica en plataformas dixitais os temas das oito rapazas que reciben asesoramento e formación na segunda convocatoria de Descúbreas.

Todas as pezas están xa dispoñíbeis para o público nas principais plataformas dixitais de streaming de audio e vídeo.

Caro (Carolina Lemos) reflexiona no seu debut Despiértate sobre as inseguridades dunha persoa adolescente que se ten que enfrontar á decisión, á hora de formular o seu futuro máis inmediato, de seguir os seus soños ou polo contra ir cara ao seguro.

Amparo estréase de xeito profesional na industria musical co tema Cosas de Descartes.

Marina Vigo foi a primeira participante en estrear o seu tema como integrante da banda Cantometrics. Chifro é unha proposta que recupera o arquivo sonoro de Alan Lomax substituíndo o chifre pola gaita, acompañada de marimba, acordeón e percusións.

Silencio é o título do tema de Sara Casas, un clamor pola necesidade de buscar a harmonía vital, de conectar coa natureza de forma espiritual e consciente.

Sara Baños forma coa tamén viguesa María Lago a banda Todo mal, que gravaron no marco de Descúbreas o seu sinxelo Guiri en mi ciudad.

A Riso é o nome artístico de Alba Nogueira, que acaba de estrear no marco de Descúbreas o seu tema I eu?, un canto á resistencia e á loita pola defensa dunha voz propia para as mulleres no ámbito das artes.

Impuntual é o título do tema lanzado por María Gabeiras, unha balada pop sobre a manchea de oportunidades que se lle pode dar a unha persoa sen que esta as aproveite.

Ane Swan lanza a súa carreira con só 16 anos e estréase cun tema en inglés: Queen among shadows.

A través de “Descúbreas”, desenvolvido en colaboración con Regalamúsica, a Deputación de Pontevedra actúa para reducir a fenda de xénero na industria musical dándolle a oportunidade a 8 rapazas e mozas da provincia a formarse e dar os seus primeiros pasos profesionais neste ámbito. A mentorización inclúe a gravación dun tema e dun vídeo musicais e a planificación e promoción do seu lanzamento real ao mercado.

https://descubreas.com/gl/ 

Artigo do xornal La Voz de Galicia no que catro mozas e mozos contan a súa experiencia tras gañar o premio Xuventude Crea

Francesca de Nigrís gañou o primeiro premio da categoría de cociña do Xuventude Crea 2021.

Celina Mauricio foi o primeiro premio de danza no 2021.

Ana Vázquez gañou a categoría de moda deste certame no 2020. Actualmente, atópase inmersa en sacar adiante a súa marca: chámase Anamingo Twins. Pero non está soa neste proxecto, senón que a acompaña Fran Basteiro, tamén deseñador e gañador do Xuventude Crea no 2021.

Adrián Noia gañou o segundo premio de novela curta no 2021, e o seu grupo de teatro conseguiu o terceiro posto na súa categoría no 2019.

Artigo Ao gañar o Xuventude Crea cambiou a miña traxectoria profesional

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia vén de anunciar a apertura dun novo Museo do Videoxogo en Cangas do Morrazo. Trátase dun espazo completamente novo que conta con coleccións renovadas e con representantes de tódalas tipoloxías de sistemas que conforman a historia do videoxogo. Dende máquinas recreativas, pasando por videoconsolas, portátiles e dispositivos bidirecccionales, ata unha selección dos títulos máis influentes da historia do medio. Un lugar con decenas de pezas para tocar, experimentar e xogar.

Con capacidade para máis de 100 persoas e amplas exposicións cambiantes sobre o medio, este centro de preservación contará con aulas e áreas de divulgación, que posibilitarán o desenvolvemento de proxectos no campo do videoxogo e que transcenderán ao ámbito nacional.

O sábado 10 de setembro ás 17:30 celebrarase un acto no novo MUVI na rúa Aragón 2 de Cangas do Morrazo.

https://muvi.gal/

A Xunta de Galicia impulsa a través dun campo voluntariado a creación dun carreiro cultural na Cántara dá Moura, emprazado no concello da Veiga (Ourense).

A directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos mozos e mozas participantes, que desde o día 28 realizan tarefas de conservación neste espazo natural. Lembrou tamén que este ano o Goberno galego puxo en marcha 45 campos de voluntariado para fomentar o coidado do patrimonio natural e cultural de Galicia, co apoio e solidariedade da mocidade. Neste sentido, sinalou que este da Veiga é unha das novidades que se engaden este ano á programación da Xunta de Galicia.

Os e as participantes nesta iniciativa estarán ata o próximo día 8 realizando un bosque pintado baixo a técnica de land art. O obxectivo é achegar máis valor a unha contorna con moita riqueza ambiental. Ademais diso, as novas e mozos gozan de actividades de convivencia e outras de lecer como roteiros de sendeirismo, un observatorio astronómico ou actividades de multiaventura.

Na provincia de Ourense desenvolvéronse nesta edición un total de nove campos de voluntariado. Ademais de leste na Vega, tamén se puxeron en marcha actividades nos concellos de Muíños, Bande, Vilariño de Conso, Monterrei, Pereiro de Aguiar, Celanova, Larouco e Esgos.

A directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos 20 mozos e mozas de entre 10 e 14 anos que na última semana de agosto gozaron das montañas de O Courel no Xeocampamento. Trátase dunha das últimas propostas das 13 que houbo ao amparo dos mimicampamentos Coñece Galicia, que este ano conseguen a súa terceira edición.

Desde o pasado luns 29 de agosto e ata o venres 2 de setembro, os participantes realizan actividades de coñecemento do medio natural da contorna desta zona de Lugo. En concreto levan a cabo roteiros a lugares como o museo xeolóxico de Montefurado, ao Valle das Amoras, á Devesa de Rogueria ou ao museo das Covas. Tamén desenvolven xogos para coñecer a natureza de O Courel como xincanas e actividades cos monitores, así como outras pola noite para ver as estrelas.

Cristina Pichel puxo en valor a boa acollida que tivo nesta terceira edición os minicampamentos, que ademais de impulsar unha programación de lecer para as mozas e mozos de entre 10 e 14 anos, permitiron dinamizar establecementos hostaleiros nos que tiveron lugar durante os meses de verán. Xunto con este minicampamento na montaña lucense, esta semana tamén finalizan as actividades Náutica e Audiovisual, en Sada, e Natura III, en Sanxenxo.

 

Nesta liña, lembrou que a iniciativa está enmarcada dentro da campaña de verán máis grande ata o de agora realizada polo Goberno galego, O verán que queres contar. A Administración autonómica ofreceu este verán 10.800 prazas para os campamentos de verán, que supuxo un importante papel na conciliación familiar.