Novas e actividades (1308)

correspondentes_Xelmirez_IAndrea, Ánxela, Irene e Andrea, falta Ana, son as Correspondentes Xuvenís do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Son as responsables de difundir información xuvenil entre os seus compañeiros de instituto,

Parabéns a todas elas!!

O CSIC fai unha convocatoria para elaborar unha bolsa de traballo para a selección e contratación de persoal temporal, investigadores en formación e titulados en prácticas.
O bolsa terá unha vixencia de tres anos dende a súa publicación

Máis información:
https://sede.csic.gob.es/servicios/formacion-y-empleo/bolsa-de-trabajo

Dende a Reaj e en colaboración con distintas CC. AA, entre as que se atopa Galicia, comeza a funcionar o proxecto “Vacacións Solidarias” co que se pretende dar oportunidade a todos aqueles rapaces e rapazas sen recursos para que poidan participar durante este  verán nun campamento a desenvolver nun dos albergues xuvenís da "Red de Albergues Juveniles (REAJ)".

Se queres máis información e votar o proxecto que consideres máis interesante preme aquí.

portada2015abrilOs dous equipos gañadores do Parlamento Xove 2015, un equipo do Colexio La Salle de Santiago na categoría da ESO e outro do IES de Becerreá na de Bacharelato, protagonizan senllas entrevistas no novo número de Xuventude.Novas, a revista interactiva da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Os gañadores en secundaria afirman que en ningún momento deron por gañado o debate, que sempre viron moi igualado. Destacan a importancia da preparación previa e de controlar os nervios. E o equipo triunfador en Bacharelato manifesta que para gañar o máis útil é ter capacidade de refutar con viveza os argumentos dos opoñentes, sen ceñirse estrictamente a ningún guion ou esquema previo.  

Outra entrevista que ofrece esta edición é co gañador do certame Xuventude Crea na categoría de relato breve. Chámase Daniel Barral, cumpriu recentemente a maioría de idade e explica que o seu relato, do mesmo xeito que outros que escribiu, pretende “mostrar a cara humana de acontecementos históricos”. Barral, que tamén escribe poesía e ten intención de adentrarse en xéneros de maior extensión nun futuro, considera que o concurso creativo de Xuventude outorga bastante visibilidade para os novos creadores e tamén un interesante apoio económico.

Polo demais, o contido estrela da portada deste Xuventude.Novas é o resultado do programa ‘Aval Xóvenes’. Trátase dun proxecto piloto con mozos e mozas do ámbito rural, no que participaron 50 persoas durante un ano. A iniciativa logrou unha inserción laboral do 68 %. Resulta interesante ademais porque interviu en múltiples sectores de actividade, co que servirá para dinamizar a economía das zonas de influencia nas que se levou a cabo. Tamén dentro do ámbito da formación laboral, a revista dedícalles unha páxina ás novidades do programa ‘Galeuropa’, que ofrecerá 3.000 prazas de prácticas no estranxeiro ata 2020. Este ano conta cun 55 % máis de recursos que na edición anterior, sempre coa liña de favorecer a experiencia profesional da mocidade, e por tanto a empregabilidade, mediante prácticas nun ámbito internacional.

Xuventude.Novas inclúe tamén unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove do grupo informal ‘Mociñas veñen e van’, de Mondoñedo. O seu proxecto ‘Estimulanimal’ ofreceu ocio educativo para persoas con diversidade funcional durante dúas fins de semana. Na actividade participaron usuarios da Fundación ADCOR, Down Lugo, Raiolas, Aprom Cariño e Aspronaga. Baseouse no contacto coa natureza no ámbito do albergue rural Garabullos, na localidade lucense de Cospeito.

A habitual axenda de concertos e actuacións musicais para as vindeiras semanas en toda Galicia completa este número de Xuventude.Novas.

Xuventude.Novas do mes de abril de 2015

2015semanaeuropeaO luns 4 de maio comeza a sétima edición da Semana Europea da Xuventude (SEJ). O obxectivo desta celebración é alentar as persoas novas a participar na sociedade civil e crear conciencia da importancia de que a súa voz sexa escoitada. Tamén se fará fincapé en como a adquisición e desenvolvemento de habilidades adquiridas, ás veces, fóra da escola ou da universidade poden axudar a encontrar un traballo.

Centos de actividades desenvolveranse en trinta e tres países europeos do 27 de abril ao 10 de maio. Ademais, organizados pola Comisión Europea, celebraranse, en Bruxelas distintos actos como debates, conferencias e exposicións entre os que podemos destacar "European Youth Week High-Level Political Debate", "Structured Dialogue Conference", "Piloting Youth Guarantee on the Ground - Experiences from the European Parliament Preparatory Action (EPPA) " "Erasmus+ youth field: Inclusion and Diversion Strategy Launch Event" ou o seminario "Ideas Lab".

E, un ano máis, o Festival "YO!Fest" que, organizado polo Foro Europeo da Xuventude, acollerá miles de mozos na explanada do Parlamento Europeo.
Se non podes estar en Bruxelas durante eses días, tamén poderás participar xa que moitos dos actos se poderán seguir por internet (#youthweek).

Na páxina do Portal Europeo da Xuventude, podes consultar máis información que se irá actualizando segundo se confirmen as actividades que se celebrarán en cada país.

https://europa.eu/youth/eyw_es

aquiSi-CarneXove

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, coa colaboración da SD Compostela, invítante a participar no sorteo do Carné Xove desta semana.

Sorteamos 10 lotes de 2 entradas para encontro entre a SD Compostela e o Real Avilés, que se disputará o día 17 de maio, ás 17:00 horas no Estadio Municipal de San Lázaro.

Podes participar enviando xa o formulario ata as 9.00 h do luns, día 11 de maio de 2015.

A entradas poderanse retirar nas oficinas da SD Compostela, no estadio de San Lázaro, na semana anterior o encontro, ou nas taquillas do estadio o mesmo día do partido. O gañador deberá presentar o carné xove en vigor.


hai_saidaCampaña Hai Saída do Ministerio de Sanidade contra a violencia de xénero.

Video: https://www.youtube.com/watch?v=C5C38DrQPqw&feature=youtu.be
Cartel: http://www.msssi.gob.es/campannas/campanas15/pdf/HaySalidaGallego.pdf

Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero: 016