Programa de Residencias Artísticas FMJJ/UDC

13 Mar 2024

A Universidade da Coruñae a Fundación María José Jove poñen en marcha a IV Convocatoria do Programa de Residencias Artísticas FMJJ en colaboración co Espazo de Intervención Cultural Normal, cuxo obxectivo principal é profundar nas relacións entre creación artística, pensamento crítico e participación social.

Convócanse dúas residencias e para iso proporcionarase aos/as artistas o acceso a un espazo de traballo, acompañamento curatorial e recursos materiais e económicos para a produción de proxectos inéditos. Normal e a Fundación María José Jove ofrecerán os seguintes recursos ás persoas residentes seleccionadas mediante esta convocatoria:
-Espazo de traballo. As persoas residentes contarán cun espazo de traballo individual en Normal. Espazo de Intervención cultural da Universidade da Coruña. Ademais, dispoñerán das súas instalacións en función das necesidades do proxecto.
-Aloxamento na residencia universitaria Elvira Bao (A Coruña), segundo dispoñibilidade. Consultar: www.udc.es/es/sape/aloxamento/
-Acompañamento curatorial durante o desenvolvemento do proxecto.
-Presentación de proxecto e difusión.

As residencias terán unha duración mínima dun mes, podendo prorrogarse ata un máximo de tres meses. A residencia poderá realizarse no período elixido polas persoas residentes dentro do terceiro cuadrimestre do ano.

A inscrición e o envío da documentación realizarase a través da seguinte dirección de correo electrónico: normal.comunicacion@udc.gal

Requisitos
Poderán concorrer á presente convocatoria creadores/as de calquera nacionalidae ou procedencia xeográfica vinculados/as ás artes visuais.

Dotación
Establécese unha dotación económica de ata 6.000 €. Ademais, cubrirase a estancia dos/as artistas seleccionados/as.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2024.

Máis información
https://muv.fmjj.org