Galicia ostenta a representación autonómica en materia de xuventude do Consello da Unión Europea

02 Nov 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu en Bruxelas a unha das reunións de traballo en materia de xuventude do Consello da Unión Europea (UE). Durante este semestre do ano, Galicia ostenta a representación autonómica deste grupo de traballo, no que participan todos os Estados membros.

Durante esta reunión tratouse un documento sobre a participación xuvenil nos procesos de toma de decisións da UE e en anteriores ocasións tamén se abordaron cuestións sobre a saúde mental da xente moza.