Escolma para ver e escoitar Física

13 Set 2023

O portal Proxector publica un novo contido para afondar nos segredos da Física. Preséntase baixo o título Escolma para ver e escoitar Física e é da autoría de Cibrán Santamarina Ríos, director do Departamento de Física de Partículas da USC.

Proxector é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega no ensino medio, bacharelato e ensino universitario. Na actualidade, conta con 1328 materiais publicados de 33 áreas temáticas diferentes.

Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso.

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10435