O programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30
alumnos/as (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Obxectivo xeral
Capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Obxectivos específicos
Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.
Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas.
Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Destinatarios
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO
A Fundación Barrié organiza o VI Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional.
O TDAG diríxese ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.
Categorías:
1ª categoría: 1º, 2º e 3º de ESO.
2ª categoría: 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
A competición realizarase na sede da Coruña da Fundación Barrié. Cantón Grande, 9. Previo ao desenvolvemento da competición, impartiranse sesións de formación en oratoria e en iniciación ao debate académico.
Datas:
Preinscrición: do 7 de setembro ao 6 de outubro de 2023
Inscrición: do 9 ao 20 de outubro de 2023
Sesións de formación en liña: do 23 de outubro ao 10 de novembro de 2023
Competición: do 22 de xaneiro ao 2 de febreiro 2024 mañá e tarde
Final: venres 2 de febreiro de 2024 en horario de tarde
Actividade gratuíta. Prazas limitadas
Un ano máis, chega ao noso país uno dos eventos máis interesantes a nivel europeo, o denominado ‘European Researchers’ Night’ (Noite Europea dos Investigadores). É un proxecto de divulgación científica que está promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Skłodowska-Curie do programa Horizonte Europa.
Grazas a el, desde o ano 2005, podes participar en multitude de actividades gratuítas nas que aprenderás e gozarás con dinámicas nas que a ciencia e investigación serán as protagonistas.
O obxectivo desta iniciativa é que os investigadores e investigadoras de cada un dos países participantes trasladen á sociedade de maneira lúdica o seu traballo. Os máis pequenos poderán inspirarse sobre a súa futura formación, a sociedade en xeral coñecerá os beneficios e a repercusión dos seus avances científicos no noso día a día, así como o seu impacto nas nosas vidas.
Nesta edición, que levará a cabo o vindeiro venres 29 de setembro de 2023, tomarán parte desta iniciativa un total de 26 países europeos entre os que tamén se atopa España.
E é que, no noso país, existen oito proxectos financiados pola Comisión Europea para os anos 2022 e 2023 que toman parte desta iniciativa:
G9MISSIONS: Baixo o lema 'Go for the Missions!' (#G9Missions)
MADRIDNIGHT: Coordinado pola Fundación madri+d
MEDNIGHT GTS: O seu slogan na web é ‘Goza, Xoga, Crea, Descobre, Investiga’
NitRecerCat: Co lema ‘A Nit Europea da Recerca’ (#NitRecercat)
OCEAN NIGHT: O seu obxectivo principal é concienciar á sociedade da importancia de preservar o ecosistema mariño
OPENRESEARCHERS2223: ‘Mujeres e homes que fan ciencia para ti’ (#AndaluciaCiencia)
MACARONIGHT IV: España e Portugal participan activamente para conservar a riqueza das súas illas (Azores, Canarias e Madeira)
MEDNIGHT: Participan diversos países europeos que teñen en común a súa influencia no mediterráneo
Todos os eventos que se programaron están dirixidos para todos os públicos e serán gratuítos. Hai multitude de actividades previstas para este próximo venres 29 de setembro, repartidas por moitas localidades españolas, cun contido moi diverso e interesante: experimentos, talleres, demostracións, representacións teatrais, monólogos etc.
Deixámosvos algúns exemplos das opcións dispoñibles para gozar deste evento (Valencia (todo o día): ‘Descobre como funciona un acelerador de partículas’ // Barcelona – CosmoCaixa (de 17 a 22 horas): feira da investigación, espectáculos e proxeccións (‘O ceo de hoxe. Unha viaxe astronómica en directo’) // Madrid – Hospital 12 de Outubro (desde as 17 horas): ‘Todo Ciencia. A Noite do CSIC no 12’). Ademais, podes coñecer todos os detalles en cada unha das páxinas web ou redes sociais creadas para cada proxecto mencionado anteriormente.
Por último, se quere estar ao corrente de todo o que sucede neste evento e a información adicional que se poida achegar de cada unha das actividades previstas, a Comisión Europea informa de que os hashtags a utilizar en redes sociais para esta iniciativa son os seguintes #EuropeanResearchersNight e #MSCANight.
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas EN TODA GALICIA!!!.
Quen a pode utilizar? Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
En que liñas de transporte se pode usar? Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino.
Como conseguila?
Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.
Como recargala?
En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.
Como viaxar con ela?
Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de ABANCA e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.
Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal ou no teléfono 988 687 800
Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) selecciona persoas e entidades participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.
O obxectivo principal da aceleradora cultural de proxectos musicais é iniciar un proceso de vertebración sectorial, poñendo á disposición das persoas seleccionadas ferramentas que lles permitan desenvolver a súa carreira co fin de:
- Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das industrias culturais no ámbito musical.
- Definir e analizar as prioridades e necesidades dos proxectos musicais emprendedores.
- Formar, titorizar e mentorizar a artistas emerxentes con proxectos musicais.
- Fomentar e consolidar a carreira profesional de artistas emerxentes co fin de acadar unha presenza notoria nos mercados nacionais e internacionais.
- Favorecer as sinerxías entre diferentes artistas, coa industria musical e con outros sectores da economía.
- Mellorar o acceso ao mercado e ao financiamento dos proxectos musicais.
- Garantir o cumprimento e respecto ao principio de DNSH (Do no significant harm).
As persoas beneficiarias deberán:
- Ter a condición de empresa no ámbito musical con menos de seis anos de antigüidade e desenvolver a súa actividade profesional e/ou empresarial de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
- Desenvolver un proxecto musical que non leve máis de 6 anos no mercado da música.
- Estar dadas de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa música, cantantes).
- Realizar o seu traballo habitual e maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402H
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2023
Máis información en http://agadic.gal e nos teléfonos 881 996 077 e 881 996 078.
Sons Emerxentes é un programa de aceleración da Fundación Paidea de cinco meses que permitirá aos/as artistas posicionarse na industria musical de maneira máis rápida e profesional. O mellor? Que está dirixido a todos os estilos e a proxectos de calquera cidade do territorio español. Charlas en liña, plan individualizado, networkin... Ti pos o teu TALENTO e COMPROMISO, o programa pon á túa disposición as ferramentas e os mellores profesionais do sector.
50 horas de FORMACIÓN GRUPAL
Sesións en liña e/o presencial en directo.
Sobre que tratarán? Management, modelos de negocio, marca persoal identidade e branding, ensaios, escenografía, e moitas cousas máis!
40 horas de ACELERACIÓN INDIVIDUALIZADA One to One.
Sesións en liña e/o presencial en directo.
Aquí ti es o/a protagonista. Nesta fase asesorarémosche, axudarémosche no desenvolvemento de marca musical, produción artística e audiovisual.
Sesións de NETWORKING
En liña e presencial en directo Estas sesións serán clave para conectar coa realidade do sector. Prepárate para o Coliving musical, Meet & Greet, AfterWork Demoday, e Meet up Internacional.
Un ano máis, a Fundación María José Jove, en colaboración con ACLAD, presenta "La Brújula", actividade gratuíta dirixida a adolescentes de centros educativos de toda Galicia con alumnado entre 11 e 18 anos, que ten como obxectivo sensibilizar en torno ao consumo de drogas e alcol a través de talleres grupais dirixidos por especialistas na materia. Aberto o prazo de inscrición ao longo de todo o curso escolar desde o día 11 de setembro de 2023.
Este programa é gratuíto e diríxese a adolescentes de centros educativos de toda Galicia con alumnado entre 11 e 18 anos.
"La Brújula" adestra aos participantes na toma conciencia da importancia de adquirir habilidades sociais e recursos que lles capaciten e lles achéguen competencias para a vida cotiá. Así mesmo, promove estilos de vida saudables libres de adiccións, tanto comportamentales como a substancias, xerando actitudes positivas e sas no tempo de lecer e tempo libre. Os profesionais fomentan entre a mocidade un pensamento crítico na capacidade de toma de decisións, así como unha adecuada xestión emocional en resposta á presión grupal.
"La Brújula" desenvólvese na sede da Fundación, en horario lectivo. Cunha duración máxima de 90 minutos, diríxese a adolescentes de centros educativos de Galicia, de 5º, 6º de EP, ESO e Bacharelato e FP.
Actividade gratuíta previa inscrición.
Prazo de inscrición aberto ata o final do curso, en maio de 2024.
A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023.
Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de setembro de 2023
Máis información no DOG do 4 de setembro de 2023 e en www.lingua.gal
Formación: https://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo
O portal Proxector publica un novo contido para afondar nos segredos da Física. Preséntase baixo o título Escolma para ver e escoitar Física e é da autoría de Cibrán Santamarina Ríos, director do Departamento de Física de Partículas da USC.
Proxector é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega no ensino medio, bacharelato e ensino universitario. Na actualidade, conta con 1328 materiais publicados de 33 áreas temáticas diferentes.
Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso.
http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10435