A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno

11 Out 2022

Xa está dispoñíbel no Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documental A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno, de Javier Blanco Carballal, unha webserie de oito capítulos que afonda en cuestións como a saúde, a cultura e o folclore tradicional nas diferentes etapas do Camiño de Inverno.

No documental emprégase como nexo de unión a busca de puntos de baile tradicional para elaborar cun grupo a coreografía da Muiñeira do Camiño de Inverno.

Cada un dos sete primeiros capítulos inclúe unha introdución sobre o lugar onde ser recollen os puntos, presentación do informante, conversa sobre a cultura tradicional na localidade e na contorna e recollida dun punto de baile.

No capítulo 8 reflexiónase sobre o decorrer do Camiño e a chegada ao Obradoiro; preséntase o grupo que elaborou a coreografía da muiñeira e o making off cos ensaios. Finaliza coa interpretación da peza.

Capítulos