Na categoría individual foi premiada Sofía Prol Rodríguez; a ONG Mestura recibiu o galardón á mellor entidade de acción voluntaria e a Fundación Juan Soñador, o de mellor proxecto. Na categoría individual foi premiada Sofía Prol Rodríguez; a ONG Mestura recibiu o galardón á mellor entidade de acción voluntaria e a Fundación Juan Soñador, o de mellor proxecto.

Premios Galicia de Acción Voluntaria

14 Out 2021

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os Premios Galicia de Acción Voluntaria, que teñen a finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cos Premios Galicia de Acción Voluntaria preténdese recoñecer o exercicio da acción voluntaria a nivel individual e colectivo e dos beneficios que esta achega ao conxunto da sociedade.

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:

- Premio voluntaria/o do ano: modalidade individual, para aquelas persoas voluntarias que desenvolvan a súa actividade e colaboren con entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria, públicas ou privadas, que se teñan distinguido polo seu sobresaínte labor na promoción e xestión do voluntariado social na nosa comunidade autónoma.

- Premio entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos que a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.

- Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano: aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa comunidade autónoma.

Premios: outorgarase un premio en cada unha das modalidades de 4.000 euros.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co procedemento BS508D.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro de 2021

Máis información o DOG do 14 de outubro de 2021 e en http://voluntariadogalego.org