Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde

28 Xan 2020

O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de actividades de acompañamento e apoio á información aos usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde. Estas accións voluntarias realizanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver actividades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.

O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.

Accións voluntarias

Voluntariado de apoio á información:

Axuda aos/as usuarios/as informados nos puntos de información polo persoal do Sergas, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompañamento a estes.
Acompañamento aos/as usuarios/as , que así o soliciten, ao seu lugar de destino dentro do centro sanitario.

Voluntariado social:

Acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, departicipación social, actividade de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde en cuestión.

Quen pode formar parte do Programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia?

Poderá ser voluntaria/o calquera persoa maior de idade que de xeito altruísta e solidario desexe realizar as actuacións descritas para contribuir a mellora da calidade de vida da comunidade.
 
Para facerse voluntaria/o debes entrar na páxina web http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=387 e cubrir o correspondente formulario de inscrición