Novas e actividades (817)

A Consellería de Educación convcoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, durante o ano 2019.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20.

Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües.

cuadro idiomas

O custo total de cada actividade inclúe:
a) No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 20 de marzo de 2019.
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019 en www.edu.xunta.es/axudasle

A Consellería do Mar convoca exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Prazos:
Convocatoria de maio de 2019. Matrícula: do 1 de abril ata o 15 de abril de 2019, ambos incluídos.
Convocatoria de setembro de 2019. Matrícula: do 22 de xullo ao 5 de agosto de 2019, ambos incluídos.

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616C

Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2019

A Consellería do Mar convoca exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Patrón/patroa para navegación básica.
– Patrón/patroa de embarcacións de lecer.
– Patrón/patroa de iate.
– Capitán/capitá de iate.

Idade mínima:
O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas

Prazos:
Convocatoria de abril de 2019: do 20 de febreiro ao 6 de marzo de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de xullo de 2019: do 27 de maio ao 10 de xuño de 2019, ambos inclusive.
Convocatoria de decembro de 2019: do 28 de outubro ao 11 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE616D
Máis información no DOG do 18 de febreiro de 2019

O Injuve presenta a convocatoria de proxectos para seleccionar a Capital da Información Xuvenil 2019. A cidade elixida será a sede dos actos previstos para o 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil, unha xornada para reivindicar o pleno desenvolvemento dos e as mozas como cidadáns. Ademais, este ano queren centrarse na importancia de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable entre a mocidade.

A capitalidade da información xuvenil pretende ser un evento anual e  rotatorio, que permita aos diferentes territorios de España dar a coñecer e impulsar o seu labor en materia de políticas de mocidade. Para o  Injuve e para a Rede Española de Servizos de Información Xuvenil (SIJ) é unha gran oportunidade para reforzar lazos, compartir experiencias e dar a coñecer o labor e as diferentes iniciativas que levan a cabo desde os concellos para mellorar a calidade de vida dos nosos mozos.

Nesta convocatoria poden participar os concellos de máis de 20.000 habitantes que conten cun Servizo de Información Xuvenil asociado á rede  SIJ. Cada centro poderá presentar unha única solicitude, en nome dunha cidade/municipio, á Capitalidade da Información Xuvenil 2019. A solicitude irá acompañada dun programa de actividades e un orzamento. A solicitude comporta un compromiso de  cofinanciación e de coordinación conxunta do programa de actos definitivo, entre  Injuve e a entidade solicitante cuxa candidatura resulte gañadora.

O prazo de presentación de solicitudes de candidaturas estará aberto do 11 de febreiro ao 4 de marzo de 2019 (inclusive).

Formalización da solicitude:
http://www.injuve.es/conocenos/noticia/buscamos-la-capital-de-la-informacion-juvenil-2019

O Centro  Eurolatinoamericano de Mocidade (CEULAJ) en  Mollina (Málaga) acollerá a 20ª edición da Universidade de Mocidade e Desenvolvemento, do 15 ao 22 de setembro de 2019. Máis de 200 participantes reuniranse en representación de distintas organizacións xuvenís internacionais para participar, colaborar e axudar coa súa implicación e compromiso na elaboración deste evento de referencia para o traballo de mocidade dentro e fóra de Europa.

As organizacións de mocidade, ou que traballen en temas relacionados coa mocidade, poden propoñer actividades para conformar o programa das Universidades de Mocidade de 2019: a Universidade de Mocidade e Cidadanía Global (en xuño, en Tunes) e a Universidade de Mocidade e Desenvolvemento (en setembro, no  CEULAJ), coorganizada polo  Injuve.

Cada organización pode participar cos seus membros e grupo de colaboradores e desenvolver o seu proxecto. O Centro Norte-Sur do Consello de Europa, xunto co  Injuve e cos integrantes da Rede de Mocidade e Cidadanía Global, serán os encargados de proporcionar o programa común, no que se incentivará a cooperación, o fortalecemento de redes, a aprendizaxe entre iguais e a promoción da igualdade de oportunidades.

Calquera organismo interesado en propoñer algunha actividade para o desenvolvemento das Universidades debe encher o formulario de participación.

Data límite: 24 de febreiro.

https://www.coe.int/en/web/north-south-centre/-/calls-for-activities-for-the-2019-editions-of-the-universities-open-until-24-february

O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España:

- Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí.
- Marrocos: Atlas trekking solidario.
- Marrocos: trekking costa solidario
- Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas.
- Traballo con nenos  talibés en Senegal.
- India: a orixe do Ganges

Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks

PIJ Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org

O mércores 20 de febreiro o Foro pola Economía Social Galega celebra unha sesión informativa e de intercooperación dentro do Programa ‘Economía social Meeting’ destinada a cooperativas, sociedades laborais e tamén para persoas e grupos de proxectos pre-cooperativos e pre-sociedades laborais.

No encontro trataranse as liñas de axudas do Programa Aprol Economía Social 2019, que foron convocadas recentemente pola Consellería de Economía, Emprego, e Industria, e contaremos coa participación de Alba Paz Boubeta - Subdirección xeral de Economía Social.

Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Agaca, Aesgal, Unión de Cooperativas EspazoCoop, Cegasal e Aeiga, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración.

Data e horario:  Mércores 20 de febreiro 2019.  De 10 a 12 horas.
Lugar de celebración:  Rúa Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela (no Centro Coordinador de Información Xuvenil)

PROGRAMA

INSCRICIÓN

Información destas axudas:  ‘Axudas para Fomento do Emprendemento en Economía Social 2019’

Máis información: https://espazo.coop/

A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.

Beneficiarias
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2019 e en https://www.cultura.gal/es

Pois busca ideas na Axenda Cultural de Galicia...

AXENDA CULTURAL

 

anverso_carn_xove

Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, un novo establecemento:
 
  • LAFEMME Centros de Estética, S.C.,  C/ República de El Salvador, 23 - 1ºA-B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña

Os descontos que aplicacrán son: 20% de desconto en todos os tratamentos estéticos

Así, pois, mozos e mozas xa podedes disfrutar nestes establecementos  das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!