CONVOCATORIA PARA ASISTIR A “THE GLOBAL YOUTH SERVICE SUMMIT”

01 Ago 2018

O Injuve comunica a convocatoria de 2 prazas para participar no evento “The Global Youth Service Summit” organizado polo Goberno do Canadá.


A convocatoria vai dirixida a voluntarios ou voluntarias de entre 19 e 30 anos e capacidade de comunicarse en inglés, para compartir a súa experiencia sobre voluntariado durante un cumio que terá lugar en Toronto entre os días 26 a 28 de agosto.

 

O Injuve recibiu,a través do membro da alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo (Chantiers Jeunesse), a convocatoria do Goberno do Canadá, para un evento, “The Global Youth Service Summit”, na que se ofertan dúas prazas para dous voluntarios ou voluntarias entre 19 e 30 anos e capacidade de comunicarse en inglés.


Consistiría en acudir a Toronto para compartir a súa experiencia sobre voluntariado durante un cumio que terá lugar nesta cidade entre os días 26 a 28 de agosto.


Todos os gastos de transporte, comida e aloxamento das persoas participantes serán sufragados polo Goberno canadense.

Respecto dos trámites de visado, só se precisará un visado de estancia para os días que dura o cumio.


As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude de participación, mediante correo electrónico dirixido ao Injuve, ata as 15:00 do venres, día 3 de agosto, ao enderezo: delmazoub@injuve.es ou ben directamente ao correo facilitado pola organización canadense: cj@cj.qc.ca ata as 23:59 do 5 de agosto (hora de Toronto).


A resolución desta convocatoria notificaráselles aos voluntarios elixidos o día 8 de agosto.


A solicitude (redactada en inglés) debe incluír:

  • O VEF, o formulario de datos habitual de inscrición aos campos de traballo.
  • Unha relación das actividades de voluntariado que realizou, coa descrición, datos e actividades realizadas, así como o que consideren de interese aportar sobre estas actividades.
  • Carta de motivación.
  • (No caso de ter algún problema ou necesidad de saúde deben facelo constar informando de qué se trata.)

 

Descrición do proxecto

Formulario VEF