Enquisa para educadores/as e formadores/as de tempo libre

12 Xul 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado encargou ao grupo de investigación ESCULCA, da Universidade de Santiago de Compostela, o deseño dunha proposta pedagóxica para as escolas de educación no tempo libre de Galicia, que abranga:

 

- Revisión pedagóxica do sistema educativo non formal das escolas de educación no tempo libre.

- Revisión pedagóxica das propostas feitas no proceso de participación para a elaboración do novo decreto de xuventude.

- Deseño curricular dos programas formativos das distintas etapas.

- Proposta de programa de formación de formadores/as.

- Proposta de programas para especialistas.

- Proposta de metodoloxías innovadoras e cursos tipo.

 

Esta proposta pedagóxica insírese no marco do proceso de elaboración da nova normativa en materia de xuventude, que comprende, entre outros ámbitos, o da formación no ámbito da educación no tempo libre, no horizonte inmediato, ademais, da harmonización desta formación cos certificados de profesionalidade.

 

No marco da investigación que o grupo ESCULCA está a realizar é importante coñecer o parecer das persoas formadas e formadoras. Por iso, se és monitor/a ou director/a de tempo libre ou formador/a nalgunha escola de educación no tempo libre, pregámoste que preenchas a seguinte enquisa:

 

https://es.surveymonkey.com/r/enquisaetlgal (se és monitor/a ou director/a)

https://es.surveymonkey.com/r/enquisaProfETLgal (se és formador/a nalgunha ETL)

 

A túa participación é esencial!