IV Foro Aberto do Tempo Libre. Memoria

30 Mai 2018

O pásado sábado 26 de maio tivo lugar o IV Foro Aberto do Tempo Libre, ao que asistiron 20 persoas: educadores e educadoras do tempo libre, técnicos e técnicas da administración e representantes de asociacións e escolas de educación no tempo libre.

 

No foro tratáronse as seguintes temáticas:

 

- Tramitación do novo decreto en materia de xuventude.

- Elaboración, por parte do grupo ESCULCA da USC, dunha proposta pedagóxica para as escolas de educación no tempo libre.

- Nova lei de contratos do sector público e incidencia no sector da educación no tempo libre.

- Artellamento do XII Interactuando no Tempo Libre.

 

Podes descargar aquí a memoria.

 

O Foro do Tempo Libre é un espazo de encontro e reflexión colectiva que serve, por unha banda, para actualizar coñecementos e identificar necesidades e, pola outra, para sentar as bases das vindeiras xornadas "Interactuando no Tempo Libre", que teñen lugar no outono.

O foro está aberto a calquera persoa interesada en contribuír, nomeadamente educadoras e educadores no tempo libre, asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, empresas do sector, xerentes de instalacións xuvenís, técnicas e técnicos de xuventude, representantes de escolas, etc.