Novas e actividades (1319)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.
 
Obxectivos. Os obxectivos específicos do proxecto son:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.

Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos  en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 60.
Duración: de marzo a outubro de 2018.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.

Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.

Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Actividades:

1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (abril-xuño 2018). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito,  traballarase iniciativas emprendedoras, participarán  emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.

Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Curtis e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:    
1. Exploración (8 sesións):  sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio.  Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
2. Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico,  para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)

2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2018) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc,  que son hoxe fundamentais para a  inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana,  para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).  
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial,  busca activa de emprego...

3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a setembro de 2018.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas (2 semanas)
Máximo  240 h de prácticas (6 semanas)
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración,  as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .

4. Titorización e seguimento individual
Comezarán  a partir do mes de maio de 2018 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (outubro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a  articulación de medidas adaptadas a cada caso.

5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (outubro 2018)
Trátase da  fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados  nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas  as  oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas  as necesidades de formación que precisen.

Máis información: roteiros.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A maioría do alumnado de 3º ESO A, exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX de Lalín e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...

Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.

O equipo de Correspondentes está formado por Sara, Lois, Pablo, Lucas, David Mario, Andrea, Iria, Lucía, Zerua, Clara, Estefany, Brais, Paula, Lucía, Adriana, Carolina e Ian

http://correspondelaxeiro.blogspot.com.es/

Mathias Lorenzo, Milena, Mateo, Mónica, Paula e María  forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Mosteiro de Meis, coordinados Miguel Daporta, profesor responsable do programa Correspondentes no centro educativo e pola OMIX de Meis.

 

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

Dende o IES Isidro Parga Pondal envíannos fotografías do taboleiro que xestionan para difundir información entre os seu compañeiros e compañeiras. Dende o IES Isidro Parga Pondal envíannos fotografías do taboleiro que xestionan para difundir información entre os seu compañeiros e compañeiras. Tamén difunden información a través da páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/node/374

O equipo de CorrespondentesCARBALLO. isidropargapondal2 son Diana, Eva, Carmen, David, Isabel, Gabriel Pablo, Nuria, Lorena, Águeda, Ricardo, Matías Gonzalo, Natalia, Fabiola, Erika, Olga, Carlos, Yadira e Nerea.

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

O próximo mes de marzo, do 2 ao 4 celébrase a primeira edición de  BioCultura Coruña.
Pódese visitar a Feira cun beneficio do 50% da entrada co Carné Xove da Xunta de Galicia.

En #BioCulturaACoruña participan 200 expositores dedicados aos sectores da alimentación ecolóxica, cosmética eco-natural, moda sustentable, terapias complementarias,  bioconstrucción, economía do ben común e ecoloxía.
Paralelamente á exposición, celébranse máis de 150 actividades abertas a todos os asistentes, entre as que destacan o  showcooking eco-gastronómico, o festival da infancia  Mamaterra, os talleres de cosmética eco-natural de Rede  Ecoestética e de moda sustentable no  showroom de Planeta Moda ou as xornadas para profesionais. Tamén haberá zona de  ecofoodtrucks con escenario de música en directo.

Instruccións para o desconto on line:

http://www.biocultura.org/entradas-anticipadas

Hai que clicar sobre

Escribir CARNEXOVEBIOCULTURA e aplicar código
Só queda comprar a entrada con descuento.
 

http://www.biocultura.org/acoruna/informacion

Dar cada día un paso máis cara á igualdade real entre mulleres e homes. Con este obxectivo, publícase o calendario “365 Días pola igualdade”, unha iniciativa do Instituto da Muller coa que se busca facer partícipe a toda a cidadanía da necesidade de seguir traballando pola eliminación de prexuízos e barreiras.

O calendario “365 Días pola igualdade” atópase dispoñible na web do Instituto da Muller, desde a que se poderá descargar de forma totalmente gratuíta. A través de cada mes do ano este calendario dá a coñecer un tema central en torno ao cal virarán todas as actividades e actuacións que o Instituto da Muller desenvolve.

Deste xeito, xaneiro estará dedicado á igualdade dentro da empresa, febreiro falará da relación da muller coa ciencia e a tecnoloxía, e marzo resaltará o Día Internacional da Muller e o seu papel no século  XXI. Con motivo do 30 aniversario da incorporación da muller ás Forzas Armadas, abril foi o mes elixido para dar visibilidade ás mulleres dentro dos corpos de seguridade. O mes de maio centrarase na relación da muller coa educación e os medios de comunicación, xuño resaltará a diversidade, coa celebración do Día internacional do Orgullo  LGTBI, e xullo concienciará sobre a presenza das mulleres nos órganos políticos. Agosto falará das mulleres dentro do deporte, setembro da muller na cultura e outubro da súa relación co mundo rural. O ano acabará coa loita pola erradicación da violencia exercida sobre as mulleres, que quedará destacada no mes de novembro, e a reclamación da importancia do asociacionismo feminino, no mes de decembro.

http://www.inmujer.gob.es/actualidad/ultimoEvento/docs/CalendarioIMIO2018.pdf

 

DOA Saúde Mental presentou un proxecto de atención temperá en psicose aos premios "Mocidade e Psicoses".   
 
O programa deseñouse para a súa aplicación nun contexto individual, aínda que se complementarán con intervencións  grupales. O tratamento terá unha duración aproximada dun ano, variando en función das circunstancias de cada usuario.

Parte dunha consulta inicial da persoa e a súa familia cun psiquiatra do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que iniciará a derivación e será o seu psiquiatra de referencia. Para a derivación será necesario informe médico (psiquiátrico) e informe social.

1º FASE DE ACOLLIDA
Tanto no domicilio da persoa, como no centro educativo de referencia (en caso de estar escolarizado) e nas instalacións de  DOA. Revisión de informes médicos e probas.

2º FASE DE AVALIACIÓN das dificultades relacionadas coa saúde mental.
A avaliación permite detectar alteracións e aquelas capacidades que se manteñen preservadas para o seu emprego na fase de tratamento. Elaborarase o Proxecto Individualizado de Atención Precoz (PIAP) acordado co paciente.

3º FASE INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA
Desde as perspectivas psiquiátricas, neuropsicolóxica, cognitivo- conductual e educativa.

4º FASE DE SEGUIMENTO
Sesións individuais puntuais para reforzar logros naqueles casos nos que se considere oportuno. En caso de ser necesario, realizarase unha derivación a outros recursos. O tratamento é de carácter  holístico e multidisciplinar e inclúe:
Rehabilitación desde a Neuropsicolóxica Clínica: atención, funcións executivas, aprendizaxe e memoria, linguaxe, cognición social,  psicoeducación, conciencia de déficit. E desde a  Neuropsicología Educativa: formación en  metacognición, estratexias de aprendizaxe, creatividade, intelixencias múltiples, adaptacións curriculares e psicomotricidade.
Adestramento en habilidades sociais.
Manexo  conductual (fomento de condutas positivas).
Técnicas cognitivo- conductuales (pensamento planificado).
Intervencións domiciliarias.
Coordinación centros educativos

Para votar: http://jovenesypsicosis.es/proyectos/doa-saude-mental/

O xurado do concurso Lingua de namorar 2018 reuniuse o martes 6 de febreiro para elixir, de entre as 50 mensaxes máis votadas en cada unha das categorías, as mensaxes gañadoras desta edición, que son as seguintes:

 

Mensaxes gañadoras da categoría A

 

1º Premio:Muiñeira, de Nee Barros Fernández (Marín, Pontevedra)

 

"Amarte hei, Carolina, como o lagarto á saia, coma as ferreñas á pandeireta e coma as cunchas ás panxoliñas; para fundírmonos xuntos nun aturuxo indecente dunha tenra foliada."

 

2º Premio:Tes lume?, de Ania Ferreira Longueira (Vigo, Pontevedra)

 

"Tes lume?, preguntei.

El tendeume un chisqueiro.
Eu ante a súa mirada comecei
por dentro a arder.
Creo que nunca chegamos a falar no mesmo sentido."

 

3º Premio: Amor adiantado, de Uxía Martínez Cabadas (Vigo, Pontevedra)

 

"Se importa máis etiquetar nunha foto dun "Quérote", en vez de dicilo; se importa máis unha cariña sorrinte, que un aloumiño na mesma face; se o que importa é contestar rápido ás mensaxes... Eu négome! Volvamos poñer os escritos de moda, as cancións dedicadas e os bicos baixo a choiva. Namoremos. Seica non necesitamos tanto adianto."

 

Mensaxes gañadoras da categoría B

 

1º Premio: Infinito, de Teresa Pérez Lousame (Lousame, A Coruña)

 

"Somos a colisión

das liñas de fuga;

a converxencia

das variables ti e eu

na constante nós."

 

2º Premio:Fagamos melodía, de Aitana Iglesias Márquez (Narón, A Coruña)

 

"Róubaslle a Freddie o poder de reinar. Déixate de Rolling, o teu swing faime rabiar. Non preciso a ACDC, ti xa es a miña star. Se es Quinta Sinfonía, pelexo con Beethoven por te tocar. Fagamos melodía, non deixemos de soar. Porque a vida, sen ti, é un Sinistro Total."

 

3º Premio: Terroristas, de Iria Carreira Pazos (Arzúa, A Coruña)

 

"Dino tódolos poetas:

cando ti me bicas

párase o mundo.

 

A Terra frea o seu xiro,

a Lúa muda a súa órbita,

invírtense os polos magnéticos.

 

Vannos acusar de terrorismo

porque lle descontrolamos tódolos satélites ós yankis."

 

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.


bases


 

categoriaAcategoriaB

 

O carné Xove lévate á neve

Se tes o carné xove, poderás beneficiarte de descontos de ata o 30% no alugueiro ou compra de equipo deportivo. Ademais, moitas estacións tamén ofrecen descontos nas entradas ás súas instalacións de ata sete euros. Mesmo poderás conseguir descontos no traslado e no aloxamento.

Estas ofertas durarán toda a tempada de neve 2017-2018.

Máis información:

http://www.injuve.es/sites/default/files/2017/52/noticias/document.pdf

Vén de publicarse en coedición con Bolanda unha nova guía dos Bolechas que nos introduce no mundo da acción voluntaria.

Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias

As aventuras dos Bolechas están protagonizadas por seis irmáns e o seu can. Estes contos para nenos forman diversas coleccións: guías, cadernos, etc., a través das cales, numerosas entidades e institucións usan esta familia para dar a coñecer as máis variadas iniciativas. Neste caso, trátase dunha guía didáctica dirixida ao público infantil co obxecto de dar a coñecer o significado do compromiso social a través da acción voluntaria. Os Bolechas, presentan o labor de voluntariado desenvolvido pola súa familia: tíos, avós, país… e introdúcenos no que significa ser unha persoa voluntaria e o papel que xoga na sociedade no que respecta á protección do medio, axudas a outras persoas… , de forma altruista e en beneficio da sociedade na que nos desenvolvemos.
O uso dunha linguaxe asequible e unhas atractivas ilustracións favorecen a lectura do público infantil ao que vai dirixido.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/interior_definitivo_voluntariado-21nov_r.pdf