Vén de publicarse en coedición con Bolanda unha nova guía dos Bolechas que nos introduce no mundo da acción voluntaria.
Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias
As aventuras dos Bolechas están protagonizadas por seis irmáns e o seu can. Estes contos para nenos forman diversas coleccións: guías, cadernos, etc., a través das cales, numerosas entidades e institucións usan esta familia para dar a coñecer as máis variadas iniciativas. Neste caso, trátase dunha guía didáctica dirixida ao público infantil co obxecto de dar a coñecer o significado do compromiso social a través da acción voluntaria. Os Bolechas, presentan o labor de voluntariado desenvolvido pola súa familia: tíos, avós, país… e introdúcenos no que significa ser unha persoa voluntaria e o papel que xoga na sociedade no que respecta á protección do medio, axudas a outras persoas… , de forma altruista e en beneficio da sociedade na que nos desenvolvemos.
O uso dunha linguaxe asequible e unhas atractivas ilustracións favorecen a lectura do público infantil ao que vai dirixido.