Felicitación de Nadal dos/as Correspondentes do IES Saturnino Montojo de Ferrol

20 Dec 2017

FERROL. IES SATURNINOO alumnado e o profesorado do IES SATURNINO MONTOJO de Ferrol desexa a todos os Correspondentes de Galicia unhas boas festas. Agardamos no novo ano seguir intercambiando información e proxectos.

Neste primeiro trimestre formamos un equipo moi activo e ilusionado con rapaces e rapazas de 3, 4 de ESO e 2 de BACH. Amais de comezar o noso labor principal de informadores, coordinamos e participamos en diversas actividades, que queremos compartir convosco porque nos fixeron sentir mellor ao asumir o voluntariado como algo enriquecedor. Se queredes ver os vídeos, están subidos na nosa páxina web do noso instituto.

Os correspondentes de 3º de ESO participaron nun recitado intercentros, nos faladoiros e protagonizaron as actividades contra a violencia de xénero (programa de entrevistas, role-playing ...).

Os correspondentes de 4º participaron nas xornadas interxeracionais que se desenvolveron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e estes días coordinan a actividade de Doces solidarios para recadar fondos para a Cociña económica de Ferrol.

Os correspondentes de 2º de BACH asistiron a EMOTRAXE e fixeron unhas interesantes artigos para a revista sobre este encontro transfronteirizo destinado á xuventude emprendedora.

Tamén cómpre salientar a videoconferencia que o noso excorrespondente Darío García mantivo desde a Facultade de Bioquímica da Politécnica de Madrid para fomentar a divulgación da Ciencia por mor do Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares.

Recomendamos especialmente as experiencias interxeracionais que seguiremos desenvolvendo neste curso coa colaboración de asociacións de maiores, como Afundación Abanca (proxecto Fálame da Emigración).

Saúdos afectuosos a todos e todas