150 aniversario da IGAE

07 Mai 2024

O Ministerio de Facenda convoca os premios 150 aniversario da Intervención Xeral da Administración do Estado nas seguinte modalidades:
1.- Investigación: Ten por obxecto traballos de creación e de investigación en materias económico financeiras, relacionadas co ámbito competencial da IGAE.
2.- Narrativa: Ten por obxecto obras de narrativa coa pretensión de estimular e impulsar o talento e a creación literaria, relacionadas co ámbito competencial da IGAE.
3.- Fotografía: Ten por obxecto obras fotográficas relacionadas co ámbito competencial da IGAE.

Outorgaranse tres premios en cada modalidade:
a) Primeiro premio: 2.000 euros.
b) Segundo premio: 1.000 euros.
c) Terceiro premio: 300 euros.

O prazo para participar estará aberto ata o 8 de agosto de 2024
Máis información no BOE do 7 de maio de 2024 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/757558