Premio de Poesía Blas de Otero-Ángela Figuera

26 Abr 2024

A Fundación Blas de Otero e o Concello de Bilbao convocan a XVII edición do Premio Internacional de Poesía. Establécense dúas modalidades lingüísticas, eúscaro e castelán, podendo cada obra presentarse unicamente a unha das dúas modalidades.

As obras serán orixinais e inéditas e non poden ter sido galardoadas noutros certames. As obras terán unha extensión de entre 500 versos e 1.000. O tema, a rima e a medida serán libres.

A presentación das obras realizarase a través da páxina web municipal.

Requisitos
Poderán presentarse todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen.

Dotación
Premio único para cada modalidade: 5.500 €

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o 30 de maio 2024.

Máis información
https://www.bilbao.eus
webmaster@bilbao.eus