Certame de Cinema Internacional Ouff Escola

17 Abr 2024

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlle formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega, sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsable do proxecto.

Categorías:
A) Infantil e primaria
B) Outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)

As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Todos os traballos estarán en lingua galega.
- Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados e non presentados con anterioridade a este certame.
- Modalidades: ficción, documental e animación.
- Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
- A temática será libre.
- Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
- As obras presentaranse en formato dixital.
- Cada traballo non deberá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
- Cada obra irá identificada co título, a duración e o centro de ensino de procedencia.
- De apareceren menores de idade, deberán contar coa autorización paterna e/ou materna.
- Todo o proceso de creación da película (interpretación, dirección e guión) deberá ser realizado polo alumnado ou membros da comunidade escolar.

A inscrición deberá formalizarse antes do 8 de xullo de 2024.

Premios:
Categoría A
1º Premio: 600 € para o centro educativo.
2º Premio: 400 € para o centro educativo.
3º Premio: 200 € para o centro educativo.
Premio Blanco Amor ao Mellor Guión: 300 € para o centro educativo.

Categoría B
1º Premio: 600 € para o centro educativo.
2º Premio: 400 € para o centro educativo.
3º Premio: 200 € para o centro educativo.
Premio Blanco Amor ao Mellor Guión: 300 € para o centro educativo.

https://educacionourense.com/ouff-escola/