Bandas e solistas

11 Abr 2024

A emisora de radio da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do Certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais.

O principal obxectivo é promover a cultura musical e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.

Poderán participar neste concurso todos aqueles grupos musicais ou solistas residentes en España de calquera estilo musical fóra da música clásica.
Poderán participar grupos ou solistas que NON editasen máis de 15 cancións da súa propia composición na data na que finaliza o prazo de presentación de propostas, independentemente do formato no que fosen realizadas. Contan as edicións físicas de CD, vinilos, EP, singles e edicións dixitais en plataformas como Bandcamp, Spotify, Soundcloud e similares.

O prazo para enviar o rexistro e as cancións é o luns 20 de maio de 2024 ás 23:59 horas.

Os premios dividiranse en 2 fases:
- 1ª Fase premios exclusivos para bandas e solistas de Galicia.
Dúas bandas ou solistas gañadoras cuxo premio consistirá nunha actuación no Festival Noroeste Estrella Galicia que se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña. A remuneración para estes dous proxectos gañadores será de 1.000 euros

- 2ª Fase aberta a bandas de toda España.
Premio garantido a condición de que participen na Batalla de Bandas do Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM, que se celebrará o 12 de outubro de 2024 na Sala Mardi Gras na Coruña. En caso de non participar no concerto, chamarase aos seguintes clasificados ata que 2 confirmen a súa asistencia. Cada grupo actuará durante 40 minutos. Pódense incluír un máximo de dúas versións no repertorio.
Unha vez finalizadas as dúas actuacións da Batalla de Bandas, o xurado decidirá quen é o primeiro e quen o segundo. Os premios serán de 1.000 euros e 900 euros respectivamente

A banda ou solista da Coruña con máis puntos, excluíndo aquelas que por puntuación clasificáronse para actuar no Festival Noroeste Estrella Galicia ou para a Batalla de Bandas e solistas, obterá o Premio Eva Coyote.
O premio económico será de 900€

Establécese un premio de 200€ para a que o xurado considere a Mellor Canción en Galego de entre todas as recibidas nese idioma.

https://cuacfm.org/novas/2024/04/cuac-fm-convoca-o-xxvi-concurso-de-bandas-e-solistas/