Campus de Profundización Científica en Soria

10 Abr 2024

O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no programa Campus de Profundización Científica en Soria, durante o mes de xullo de 2024.

Constitúe o obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, á vez que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

As bolsas están dirixidas a alumnado que no curso escolar 2023/2024 estea a cursar ensinos de 4º de ESO en centros docentes españois sostidos con fondos públicos que impartan o currículo académico co sistema educativo español, e cursando as seguintes materias: Matemáticas A ou B, Física e Química, e Bioloxía e Xeoloxía.

O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 estudantes cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
- Primeira quenda: do 2 ao 10 de xullo de 2024.
- Segunda quenda: do 16 ao 24 de xullo de 2024.

O traslado dos estudantes desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios será por conta dos estudantes

Requisitos:
- Alumnado que no curso escolar 2023/2024 estean a cursar ensinos de 4º de ESO en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.
- Ter cursado 3º da ESO e obter unha nota media de Sobresaliente.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2024

Máis información no BOE do 10 de abril de 2024 e en https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares/campus-profundizacion-cientifica.html