Doa a túa voz, preserva a túa lingua

27 Dec 2023

O Proxecto Nós procura crear recursos orais e conversacionais en galego con todos os acentos e variantes dialectais que existen para facilitar a interacción a través de ferramentas como o GPS, asistentes de voz, Chat GPT e as que se desenvolvan no futuro.

O obxectivo é garantir a presenza do galego en aplicacións, ferramentas tecnolóxicas e proxectos de Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da Linguaxe.

3 ferramentas xa en uso: o primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, un recoñecedor de voz que converte fala en texto escrito e unha aplicación de síntese de voz que le en galego.

Os recursos xerados no Proxecto Nós serán de acceso libre e gratuíto para quen os queira usar e crear servizos e produtos para as e os galegofalantes.

Funcionamento: Calquera persoa pode colaborar entrando na plataforma Common Voice. Só terás que ler varias frases ou validar as lidas por outras persoas. E listo!

https://doagalego.nos.gal/