Informe Mocidade e pornografía na era dixital

18 Dec 2023

A investigación “Juventud y pornografía en la era digital. Consumo, percepción y efectos”, realizada polo Centro Reina Sofía de Fad Mocidade e financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, ten como obxectivo xerar coñecemento sobre o consumo e as actitudes ante a pornografía de adolescentes e novas, así como as súas implicacións como axente de socialización e de educación afectivo-sexual. O estudo realizouse consultando a unha mostra representativa da poboación nova residente en España de entre 16 e 29 anos e a expertos e expertas neste ámbito.

O foco do presente informe está en analizar as prácticas, a percepción e as actitudes da poboación adolescente e moza en España con relación á pornografía e profundar no significado e o impacto que ten nas súas vidas.

Unha falta de información e orientación que en certa medida suplen co porno. De feito, dous de cada dez cren que é un recurso útil para a súa educación sexual; o 56,1% afirma que o porno lle axuda a coñecer e comprender mellor o sexo ou o utiliza como fonte de inspiración (49,5%).

Estes datos indícannos que o consumo de pornografía afecta o desenvolvemento sexual adolescente e impacta na súa forma de entender a sexualidade. Por outra banda, a tecnoloxía fixo que a pornografía sexa máis accesible, anónima e interactiva e converteuse nunha peza máis da aprendizaxe da sexualidade adolescente, que afecta á súa forma de relacionarse e pode derivar en condutas de risco ou nocivas.

As consecuencias negativas de que consuman pornografía son, por exemplo, que o 37% di que o porno provoca que se cren unha imaxe falsa sobre como é o sexo realmente; o 31% cre que contribúe a xerar fantasías sexuais nas que se exerce ou se recibe violencia; e case o 36% afirma que incita a manter relacións sen preservativo.

Máis información:

https://www.centroreinasofia.org/publicacion/juventud-y-pornografia-en-la-era-digital-consumo-percepcion-y-efectos/

 

Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal