Axudas a vítimas da violencia de xénero

14 Dec 2023

A Xunta de Galicia convoca axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

O importe das indemnizacións é de 7.000 €, que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria e para o mesmo feito causante.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2024.

Máis información no DOG do 13 de decembro de 2023 e en https://igualdade.xunta.gal