Xuntos polo Nadal 2023

23 Nov 2023
 
Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro, e no caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda ( do 24 de decembro ao 30 de decembro de 2023, ou do 31 de decembro ao 7 de xaneiro de 2024 se asi se solicita).
 
A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude.
 
-A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para os solicitantes de A Coruña e Ourense
 
-E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, 130 prazas para os solicitantes de Pontevedra e Lugo
 
O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.
 
As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: 
-ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, 
-estar empadroado nalgún concello galego, 
-vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, 
-valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
 
O programa inclúe os seguintes servizos:
-Estancia na residencia durante 15 dias (14 noites)
-Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
-Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
-Actividades de animación sociocultural.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 15 de decembro .
 
A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.
 
Máis información:
 
Bo nadal!!!