XV Premio Atlante

24 Out 2023

Poderán participar todos os e as artistas nacionais e estranxeiros que o desexen. As obras deberán estar executadas necesariamente en calquera dos sistemas e técnicas gráficas, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, que
considere conveniente o artista.

Admitiranse como máximo dúas obras por autor. O tamaño do papel será de 38 cm x 28 cm. O artista poderá utilizar as tintas e matrices que estime conveniente para estampar os orixinais. Os gravados serán inéditos e sen ser editados nin numerados. Os premios outorgados traen consigo a edición das obras premiadas en 25 exemplares e máis dúas probas de artista e a súa entrega á Fundación Museo de Artes.

Os gravados enviaranse sen enmarcar, convenientemente protexidos á Fundación Museo das Artes do Gravado. Lugar de Outeiro, número 52, Artes, Concello de Ribeira, C.P.: 15969, (A Coruña), indicando no sobre “NO COMMERCIAL VALUE”.

Dotación
1 Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €
3 premios dotados con 2.500 € cada un
1 un premio especial Pedras de Santiago de 2.000 € para un artista nacido ou residente en Galicia
1 premio especial Manuel Ayaso para artistas menores de 25 anos na data da convocatoria do premio dotado con 2.000 €

O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de maio de 2024.

Máis información:
https://www.fundartes.gal/ 
premioatlante@fundartes.gal 
981 871 342