Concurso Fotográfico. Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño

22 Set 2023

O Instituto de estudos Miñoranos convoca o III Concurso de fotografía Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño

Pretende ser un punto de encontro para afeccionados á fotografía e sensibles ás temáticas relacionadas co medio, co entorno e o patrimonio.

Participantes
Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionadas á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo.
Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra avaliada na rede social facebook polo público que o desexe.

Temática
Camiños do Val de Miñor e do Baixo Miño

Valorarase:
Orixinalidade da proposta, capacidade para provocar emocións cara á temática, calidade estética e técnica.

As fotografías deberán ser orixinais e inéditas.
Poderán ser en branco e negro ou a cor.
As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cms (300 píxeles por polgada). Non se admiten fotografías de menos de 6 mp.IMPRESINDIBLE QUE O ARQUIVO ENVIADO SEXA EN ALTA RESOLUCIÓN
Os participantes poderán enviar dúas fotografías como máximo.
As fotografías serán da propiedade do autor/a que se presente ó concurso.

Limitacións
As fotografías non levarán marcas de auga, palabras ou nomes que as identifiquen.
En ningún caso se admitirán fotografías que supoñan un prexuízo a integridade física ou moral de persoas individuais ou de todo tipo de colectivos.
Non se terán en conta para o concurso as fotografías que sexan fotomontaxes.

Presentación Por correo electrónico en oficina@iem.gal

Titularase cada fotografía cun nome.
No correo electrónico aparecerán tamén os datos persoais da autora/or (nome e apelidos, DNI e teléfono) E A UBICACIÓN GPS DO MOVIL DA FOTOGRAFÍA.
Os participantes cumprimentarán e asinarán a folla modelo que aparece no anexo destas bases, onde se autoriza a exhibición e publicación da súas fotografías na exposición posterior ó fallo do xurado e nas redes sociais do IEM.

Prazo para presentación de fotografías: 18 de Setembro ó 17 de Novembro ás 24 horas

 
Premios
Premio Xurado: 250 € + revelado en 40x60 + publicación na REM
Premio Público: 150 € + revelado en 40x60 + publicación na REM
2 accésit Xurado: Revelado 30x45 + publicación na REM
2 accésit Público: Revelado 30x45 + publicación na REM
14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición e na revista REM
 
Av. Campo da Feira, 10  36380 Gondomar, Pontevedra
Tel.: 986 36 05 75
oficina@iem.gal