Curtas premiadas en Nós tamén creamos!

19 Xul 2023

A XI edición de Nós tamén creamos!, o certame de curtametraxes de animación en galego xa ten palmarés.

Este ano presentáronse 31 filmes de 24 escolas distintas de Infantil e Primaria rodados pola cativada de 3 a 9 anos e os seus mestres.

As curtas premiadas poderán visualizarse na web da CRTVG: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/nos-tamen-creamos-2023