Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

03 Xul 2023

A Xunta de Galicia convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022/23 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa.

Requisitos:
1. Ter rematado os estudos de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2022/23 nun centro docente de Galicia no réxime ordinario.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.

O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
Cada premio estará dotado con 1.000 €

O prazo de solicitudes comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.
As solicitudes poden tramitarse a través do formulario ED311E dispoñible en https://sede.xunta.es

Máis información no DOG do 3 de xullo de 2023 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
premios@edu.xunta.gal