II Encontro de Correspondentes e Alberguismo (Palencia)

30 Xun 2023

Os días 23, 24 e 25 de xuño desenolveuse en Palencia o II Encontro Nacional de Correspondentes e Alberguismo, organizado polo Instituto de la Juventud de Castilla y León e a Red Española de Albergues Juveniles (REAJ).
Participaron 130 mozos e mozas de Andalucía, Aragón, Asturias, Castilla-La Mancha, Cantabria, Ceuta, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra, Comunidad Valenciana e Castilla y León. No caso de Galicia foron 6 os correspondentes presentes.

O evento celebrouse no Albergue Complejo Juvenil Castilla da cidade palentina e os participantes desfrutaron de actividades formativas, culturais e lúdicas, ademais de intercambiaren experiencias sobre o funcionamento do programa “Correspondentes Xuvenís” e coñecer mellor a REAJ.

Castilla y León foi a segunda en organizar un encontro destas características tras o celebrado en Gandarío (Bergondo) no 2019.

Máis información en https://noticias.reaj.com/ii-encuentro-de-corresponsales-y-alberguismo-juvenil-2023/